A confederación ecoloxista estatal Ecologistas en Acción elaborou un informe
sobre a política ambiental da Unión Europea. O informe ten dúas partes. Nunha
primeiradescríbense indicadores
globais (pegada ecolóxica, requerimento total de materiais,...) que avalían a sustentabilidade do proxecto europeo. Na segunda
desglósanse as políticas concretas que se están a promover en distintos eidos (transporte, agrario, alteracións climáticas,...).
A conclusión principal do informe é que a Unión Europea é
estruturalmente insustentable. Algúns dos indicadores que sinalan isto son:
Pegada
ecolóxica: A pegada ecolóxica mede a cantidade de territorio
que require manter o consumo da poboación europea. Cada europe@ utiliza 4'7
hectáreas, mentres a biocapacidade do territorio é de só 2'2 hectáreas por
habitante.
Requerimento
Total de Materiais: É a cantidade total de materia que necesita
a economía da Unión Europea para o seu funcionamento. Este indicador foi
medrando paulatinamente até acadar as 514 toneladas por habitante e ano.
Ademais, pódese aprezar como a maioría desas 514 toneladas son de orixe non
renovable (88%) e a porcentaxe importanda crece ano a ano atinxindo o 39%. Isto
fai que os impactos ambientais sexan cada vez maiores.
Normativa
ambiental: Ao analisar a normativa, a organización ecoloxista
detectou que o grao de incumprimento da mesma é moi alto, e a tendencia xeral é
cara a uns obxectivos orientativos e voluntarios, prazos de cumprimento laxos e
mesmo eliminación da xa existente. En calquera caso, Ecologistas en Acción
tamén puido constatar como a normativa ambiental da Unión é unha das máis
avanzadas do mundo.
Política
orzamentaria: Comparando os orzamentos destinados ádefensa da contorna e á destrución da mesma
o balanzo é moi negativo.
Respecto ás políticas sectoriais Ecologistas en
Acción salienta:
No sector do transporte, a Unión Europea está inmersa nun
plan de construción de máis autovías e liñas de alta velocidade (o TEN-T),
cando o transporte xa é o responsable do 21% das emisións de gases de efecto
invernadoiro á atmosfera (o 80% das mesmas débense á estrada).
A Unión Europea é a responsable da emisión do 24% dos gases
de efecto invernadoiro existentes na atmosfera. Porén, a Unión non vai polo
camiño de cumprir o Protocolo de Quioto e acaba de pór en marcha un plan de
loita contra as alteracións climáticas totalmente insuficiente que, por
exemplo, permite aumentar as emisións a España aínda máis.
No plano urbanístico o solo artificializado aumentou nos
últimos 10 anos un 20%, mentres a poboación só o fixo un 6%.
A política agraria da Unión, a Política Agraria Común, levou
a un sobreuso de pesticidas, abonos sintéticos, auga e a unha preocupante concentración
das subvencións na grande produción cara a exportación. En cambio, a
agricultura ecolóxica supón só un 3'8% da que se practica na Unión Europea,
aínda que é unha porcentaxe que está medrando.
No que atinxe á biodiversidade, na actualidade existen máis
de 700 especies en perigo de extinción en Europa e a propia Comisión Europea
recoñece que os esforzos da Unión están sendo insuficientes.
Por último, a produción de lixo aumentou un 14% nos últimos
anos, alcanzando os 515 kg/persoa en 2006. En paralelo tamén se incrementou de
xeito moi importante a produción de sustancias tóxicas, sen que normativas como
o REACH estean conseguindo parar esta tendencia.