Data: 19
de abril de 2009
Concellos: Cerdido e
Ortigueira.
Percorrido total: 14,4 km
Duración: 8 horas e
media (condicionado polo tren)
Medio de transporte:
FEVE.
Punto de inicio:
Apeadeiro de “A Cuqueira”.
Punto de remate: Estación
de Ponte Mera.
Prezo: 5€ (socios) e
7,5€ (non socios).
Dificultade: media-baixa.
Indumentaria: roupa
cómoda, pantalón longo.
Calzado: tipo “treking”.
Comida e bebida: cada un
ten que levar a súa (hai fontes polo camiño).
Recomendacións:
-
non meterse no río
por haber especies protexidas (mexillón de río)
-
mirar ben por onde
se pisa cando se discorra por senda fluvial
-
non saírse dos
camiños e sendeiros para non deteriorar a flora
-
non berrar, non
facer ruído nin tirar nada ao chan
-
levar o teléfono
móbil en modo silencioso
-
levar roupa de cores
discretas
-
seguir as
indicacións dos guías e non quedar demasiado atrás
-
non molestar aos
animais nin coller plantas para levar
-
non entrar nas
fincas particulares
Tendo en conta que
dispoñeremos de máis de 8 horas e media, coidamos que é tempo de
sobra para facer o roteiro sen présas.
Trátase dun roteiro que
se fará case sempre en descenso e no cal percorreremos unha parte do
LIC Ortigueira-Mera, en concreto o tramo medio e baixo do Río Mera,
visitando a Fraga dos Casás, unha excelente mostra de bosque
atlántico.
Contacto: tfno. 661 636 946 /
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Percorrido
Comezo na Estación do
FEVE de Ferrol, onde colleremos o tren ás 10:30 h. Chegaremos ás
11:24 h ao apeadeiro da Cuqueira, no concello de Cerdido, onde
baixaremos para emprender a andaina.
1º
tramo: A Cuqueira-Cruce coa pista de terra (Covelo).
Superficie: Asfalto.
Distancia: 1.920
metros.
Por desgraza non temos
máis remedio que facer este primeiro tramo por pistas asfaltadas.
Tras pasar o lugar de Covelo tomaremos unha pista á esquerda que nos
internará na Fraga dos Casás e nos levará ata o río. En calquera
caso, valeranos para comezar a familiarizarnos coa paisaxe rural da
zona, dominada polas plantacións de eucalipto e piñeiro e, en menor
medida, por pastizais e cultivos.
2º
tramo: Pista forestal pola Fraga dos Casás.
Superficie: Terra.
Distancia: 2970 m.
(distancia total: 4.090 m)
Neste tramo visitaremos a
Fraga dos Casás, incluida no LIC Ortigueira-Mera. Esta fraga ten
unha extensión aproximada de 100 ha., se ben a súa extensión vese
menguada continuamente polos cultivos de eucalipto, ao igual que
sucede no resto do país. Esperemos que a súa inclusión no LIC
poida frear este proceso de degradación, se ben sabemos que esta
medida non será sufi
(19/04/09): Río Mera
(Ferrol)ciente se non se acompaña de otras medidas de
control e dun compromiso firme por parte da administración. Neste
momento a fraga está ameazada ademais por un novo proxecto de “ruta
de senderismo” parecido ao do Río Sor.
Pe
(19/04/09): Río Mera
(Ferrol)rcorreremos a pista
forestal ata chegar a un cruce, onde colleremos á dereita. Este
desvío levaranos ao corazón da fraga, onde daremos marcha atrás
para chegar de novo ao cruce e dende aí baixar ao río. Poderemos
disfrutar dunha grande variedade de flora, con presencia importante
de érbedo e de especies de alto valor ecolóxico como Polygonatum
odoratum (Selo de Salomón). De
(19/04/09): Río Mera
(Ferrol)beremos ter coidado de non
pisalos, xa que algúns pés medran no camiño.
A fraga conta cunha
importante diversidade de especies arbóreas e arbustivas: ameneiro,
salgueiro, bidueiro, lamigueiro, carballo, loureiro, cerquiño,
pradairo, freixo, piñeiro, acivro, érbedo, abeleira, sanguiño,
espiño branco, pereira brava, etc. Como se pode ver, unha alfaia que
paga a pena preservar.
Ademais disto, poderemos
disfrutar dunha variada presencia de plantas con flores, entre as que
son abondosas prímulas, violetas, herba de San Lorenzo, anémonas,
narcisos, potentillas, gamones, etc.
En canto á fauna, se
temos sorte poderemos escoitar ao corzo “ladrar” mentres escapa
de nós ou ver as pegadas na lama doutros animais da fraga coma o
porco teixo e o porco bravo. Entre as aves, as máis fáciles de
avistar son a pega rebordá, o tordo, o paporroibo e os ferreiros
abelleiro e azul, así como o omnipresente buxato.
3º
tramo: Fraga dos Casás-Ponte da Cardeal.
Superficie: terra
(sendeiro de pesca)
Distancia: 1847 m.
(distancia total: 5.937 m)
A partir deste momento
seguiremos o curso do Río Mera pola marxe esquerda, sempre baixando
a carón das súas cristalinas augas. Disfrutaremos dos últimos
retazos de fraga e da explosión floras das beiras. Se temos sorte
poderemos ver ao escorredío e bailarín merlo rieiro, á sibilante
lavandeira real e a varias especies de páridos e sílvidos
querenciosos da fraga. A garza tamén é visitante habitual destas
soidades. Tamén poderemos constatar como a medida que continuamos o
descenso o eucalipto vai substituíndo á fraga, convertindo á
paisaxe nun deserto para os sentidos.
4º
tramo: Ponte do Cardeal-Area recreativa do Refuxio do Río Mera.
Superficie: terra
(pista forestal)
Distancia: 950 m.
(distancia total: 6.887 m)
Tras percorrer este tramo
fácil, faremos a preceptiva parada para xantar na área recreativa
“Refuxio do Mera”. Durante este quilómetro escaso, e ata chegar
á zona habitada en Ponte Noval, veremos xa como a fraga vai sendo
reducida e afogada entre eucaliptos.
5º
tramo: Área recreativa-Ponte Noval
Superficie: terra
Distancia: 3181 m
(distancia total: 10.070 m)
(19/04/09): Río Mera
(Ferrol)Continuamos o noso
descenso polo curso medio do río saíndo da área recreativa por un
camiño que a pouco se convirte en sendeiro estreito e algo
irregular. Máis ou menos a metade do tramo chegamos ao lugar chamado
As Revoltas, por razóns obvias. Aquí poderemos ver con sorte algún
parrulo ou algunha garza, e unha das xoias florísticas do río, o
felgo do terciario Woodwardia radicans. Na parte final
volvemos a un camiño agradable que nos leva ata o lugar de Ponte
Noval. Aquí, se temos bon día, poderemos ver ás lagartixas
asolearse nas pedras da ponte. Perto de aquí está o aloxamento
rural dos Muíños do Vilar, situados xunto ao Rego de Guitín, que
desemboca no Mera xunto á ponte.
6º
tramo: Ponte Noval-Ponte do FEVE
Superficie: terra
(sendeiro de pesca) e pista de zahorra
Distancia: 1978 m
(distancia total: 12.048 m)
Baixamos da ponte polo
lado contrario e rodeando unha caseta atisbamos o sendeiro, que
continúa agora pola beira esquerda. Pagará a pena, antes de
alonxarnos, volverse para botar unha ollada á ponte de pedra de
triple arco.
A partir de agora a
paisaxe cambia, podendo afirmar que se trata dunha paisaxe típica da
Galicia rural, con hortas, pastizais e froiteiras. Por desgraza
atoparemos outro elemento tipicamente galego: as barreiras que
impiden o paso pola beira do río (ollo cos pastores eléctricos!).
Atoparemos bos exemplares de ameneiro e de pereira doméstica. Tras
sortear varios regos e tendo coidado de non esvarar, terminaremos por
ter que saír a unha pista de zahorra paralela ao río, que nos
levará ata a ponte do FEVE, un fermoso exemplo de como a
arquitectura civil non ten por que destruír a paisaxe, senón que
pode contribuir a facela máis interesante (algúns enxeñeiros de
hoxe en día deberían tomar boa nota).
7º
tramo: Ponte do FEVE-Estación de Ponte Mera
Superficie: terra
(sendeiro fluvial) e asfalto (pistas).
Distancia: 2.350 m
(distancia total: 14.398 m)
Tras pasar baixo os arcos
da ponte continuamos de fronte pola pista asfaltada uns 150 metros
ata ver o sendeiro fluvial de novo, á dereita. Nesta zona veremos
unha lamentable tala das que adoita facer Unión Fenosa, sen respetar
nin sequera a vexetación de ribeira. Collemos novamente a senda
fluvial ata chegar á área recreativa da Illa do Río Mera, despois
de andar uns 700 m. Cruzamos a área recreativa en dirección Leste e
saímos á estrada tras cruzas a ponte de madeira. Xiramos á
esquerda, e tras percorrer uns 200 metros de estrada, collemos a
pista que sae á dereita ata chegar a unha pequena ponte do tren.
Cruzamos a ponte e collemos o camiño que sae xusto á esquerda e que
nos levará, tras un novo xiro á dereita, ata a Igrexa parroquial de
Santiago, en Mera de Abaixo, de 1829. Dende aquí poderemos disfrutar
dunhas inmellorables panorámicas do val e da Serra da Capelada,
enfronte. Paga a pena botar unha ollada á inscrición situada na
porta do panteón dos Pita do Souto, coronada por unha calavera.
Dende aquí dirixirémonos xa cara ao final da nosa andaina, na
Estación (pechada) do FEVE en Ponte Mera, non sen antes botar unha
ollada ao Pazo do Souto. Por desgraza (esta será a última, salvo
que se atrase o tren) os eucaliptos non nos deixarán disfrutar
plenamente da vista sobre a Ría de Ortigueira, na que desemboca
finalmente o Mera que nos acompañou amablemente durante todo o noso
percorrido.
|