Inicio arrow Ribeiras do Louro  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
RA! - Rede Anticapitalista Galega
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Verdegaia proseguirá no 2009 coas súas actividades de educación ambiental nas Ribeiras do Louro PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 de Abril do 2009

Verdegaia proseguirá durante todo o ano 2009 coas súas actividades de educación ambiental nas Ribeiras do Louro coa celebración dun roteiro polo espazo natural e coa apertura do Punto de Información Ambiental. Ambalasdúas actividades realizaranse os derradeiros domingos de cada mes durante todo o ano.

O roteiro será guiado por un membro da asociación e partirá ás 11 h. tendo prevista a súa finalización en torno ás 14 h. O itinerario previsto é o seguinte: Lagoa de Orbenlle, Barreira de Orbenlle, Turbeira do Cerquido, Barreira do Cerquido, Turbeira de albelos, Ribadelouro, Lagoa de Orbenlle.

Durante o roteiro, de dificultade baixa, ollaremos os principais ecosistemas da área natural: turbeiras, gándaras, lagoas e bosques de ribeira e a flora e fauna que alí vive; entre a fauna deste espazo natural salientan o charneco (Anas crecca), especie de parrulo que atopa nas Ribeiras do Louro o único punto de cría estable na Península Ibérica, e o sapoconcho común (Emys orbicularis) que se distribúe de xeito moi escaso por Galicia. Tamén falaremos das dificultades para a súa conservación, ben como da redución da superficie incluída como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) na Rede Natura.

O Punto de información Ambiental das Ribeiras do Louro está situado na Lagoa de Orbenlle e abrirá de 11 h. a 14 h., contando tamén cun membro da asociación que informarará ós /ás visitantes dos valores naturais que alberga esta zona.

Ademais, este ano Verdegaia oferta a posibilidade ós colexios de realizar actividades con escolares nas Ribeiras para que os/as máis cativas coñezan os interesantes valores deste espazo natural. O prazo de inscripción para os colexios abrirase en breve e as actividades serán gratuitas para os centros educativos.

Esta é unha actividade que está englobada na Campaña Rede Natura 2000 de Verdegaia, campaña que a nosa asociación leva a cabo en diferentes espazos da Rede Natura 2000 de Galicia e que ten como fin garantir a adecuada conservación dos espazos naturais que conten con esta figura de protección europea. Dentro desta interesante campaña, o Núcleo Comarcal de Verdegaia-Vigo ten “apadriñado” o espazo natural das Ribeiras do Louro.

Para máis información: Jose Crespo (678 986 676).

 
Verdegaia - Vigo
Novas de Verdegaia-Vigo
Coordenadora Comarcal
Xuntanzas
Contacto
Tertulias Verdegaia
Ribeiras do Louro
A Ría Non se Vende
VigoTroca
   Home  Print  @ Contact Top