Inicio arrow Verdegaia - Ourense arrow III Xornadas de Agroecoloxía en Ourense  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
RA! - Rede Anticapitalista Galega
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
III Xornadas de Agroecoloxía en Ourense PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 22 de Marzo do 2009

A Esmorga, Amarante, Amigos da Terra, Semente e Verdegaia organizan as IIIª Xornadas de Agroecoloxía de Ourense centradas nas “alternativas fronte a crise”.

As III Xornadas de Agroecoloxía de Ourense xorden nun momento histórico marcado pola actual crise económica da clase media e alta a escala planetaria. As dúas anteriores edicións das Xornadas tentaban mostrar eivas do sistema productivo-consumista, e posibles alternativas a ese sistema. Estas III Xornadas de Agroecoloxía toman o relevo das dúas anteriores, e trasladan os conflictos mundiais ao ámbito local para visibilizar proxectos e alternativas reais que conducen a un mundo máis xusto, máis humano.

Queremos insistir na agroecoloxía como unha ferramenta con un enorme potencial transformador da sociedade na que vivimos, xa que supón actuar de forma activa contra un modelo de produción agrícola e gandeiro intensivo e aberrante, potenciado por intereses económicos e comerciais insensibles á calquera consideración de saúde pública, de benestar animal ou de respecto ao medio natural.

A Agroecoloxía aséntase nas relacións de confianza entre o colectivo que produce e o que consume, substituíndo as relacións meramente comerciais entre elas/es ademais de potenciar á/ao pequena/o productor/a local. Impulsar este sector poñería freo á expasión das grandes superficies comerciais apoiadas na política do consumo insustentable.

Retomando o modelo de financiación da segunda edición das Xornadas, dende a organización optamos por un evento autoxestionado, que se sustente a través das aportacións individuais nas diferentes actividades lúdicas que se organizan, ademáis da colaboración artística de destacadas figuras culturais galegas. Este compromiso de autoxestión constitúe unha aposta pola independencia e o fortalecemento das redes sociais como voceiro da cidadanía.

 

PROGRAMA:

III XORNADAS DE AGROECOLOXÍA DE OURENSE

Do 24 de marzo até o 30 de marzo de 2009, Ourense

  • Martes 24 de marzo: Presentación das Xornadas. Lugar: Casa da Xuventude, rúa Celso Emilio Ferreiro 27, ás 11:30 horas.

  • Mércores 25 de marzo: Como facer a miña vivenda e pasar da crise? Obradoiro de Bioconstrución/Autoconstrución: O obradoiro pretende dar a coñecer unha forma de traballar para construír a nosa propia casa utilizando, ademais, criterios respectuosos co medio ambiente e tratando de aproveitar os recursos naturais ao máximo. Participan: Pilar Penin, Eloi Dávila, Lhosca Arias e Analía Moares. Lugar: Centro Social A Esmorga, rúa Telleira 9 (Zona Universitaria), ás 20:00 horas.

  • Xoves 26 de marzo: Comedores escolares saudables e ecolóxicos. Participan: Representantes da ANPA´s, Representantes de Centros de Ensino de Ourense e a asociación “O Grelo Verde” Lugar: C.E.I.P. Filomena Dato (A Valenzá), Salón de Actos, ás 20:00 horas Alimentarse con produtos ecolóxicos e de comercio xusto é posible nos comedores colectivos dos colexios de Ourense, ven a coñecer como!!

  • Venres 27 de marzo: Asemblea Rede de Consumo Consciente. A Rede Galega de Consumo Responsábel asocia a cooperativas e asociacións que traballan pola agricultura ecolóxica e o comercio xusto. Pretende organizar e sensibilizar á sociedade galega sobre a importancia dun consumo responsable, promover relacións comerciais xustas entre produtoras e consumidoras, a participación directa, democrática, colectiva e responsábel das persoas no consumo, o desenvolvemento rural e local, o aforro enerxético e o respecto á natureza nos procesos de produción e consumo.  Participan: Colectivos da rede galega de Consumo Consciente. Lugar: Local Social de Amarante e Verdegaia, rúa da Habana 64, ás 17:00 horas
    • Consumo responsable en tempos de crise. Debate. Onde e como se producen os alimentos que consumimos? Somos conscientes da responsabilidade individual ante a crise alimentaria global? Estas e outras preguntas están na base das novas propostas de consumo responsable, que serán analizadas nesta sesión. Reflexionaremos sobre o poder transformador destas experiencias. Participan: Carme Freire. Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego. Tom Kucharz. Area de agroecoloxía e Soberanía alimentaria de Ecoloxistas en Acción.  Lugar: Biblioteca Pública, rúa Concello 11, ás 20:00 horas

  • Sábado 28 de Marzo: Banco de sementes. Mercadiño de troco de sementes ecolóxicas. Pretendemos favorecer a recuperación e conservación das variedades tradicionais de plantas que foron mantidas dende sempre polas nosas agricultoras locais. Participan: invitamos a participación de todas as veciñas e veciños. Lugar: No Parque Infantil do Polvorín (Barrio do Polvorín), de 11 a 14:00 horas

  • Agri – CULTURA: Actividades Culturais. Concerto musical e o Contacontos Carlos Blanco, colaboran de forma altruísta en apoio das Xornadas de Agroecoloxía. Lugar: Café Teatro Xesteira, rúa da Concordia, ás 22:00 horas. Prezo: 5€

  • Domingo 29 de Marzo: Como facer a miña horta ecolóxica? Realizaremos unha excursión para coñecer as hortas ecolóxicas e a casa de bioconstrución de Pilar, Eloi e Estreliña, agricultoras de Semente no lugar de Reboreda (Porqueira). Cómpre levar comida para compartir entre todas as persoas que fagamos a visita, e reservar praza a través do email Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ou ben no telefono: 637748859 antes do venres 27 de marzo, Lugar: Reboreda (Porqueira), de 10:00 a 20:00 horas

  • Luns 30 de marzo: Plantas que curan na botica da aboa. As herbas medicinais en Allariz, unha historia de recuperación e empoderamento feminino. O que saben as mulleres e nos queren contar. Participan: Benita e Delia da AA VV de Nanín e Ana Pérez, do concello de Allariz.Lugar: Local Social de Amarante e Verdegaia, rúa da Habana 64, ás 20:00 horas 

Tamén dentro das Xornadas de Agroecoloxía colabora o alumnado da Escola de Arte Antonio Faílde que viran de preparar unha exposición fotográfica sobre a temática da agroecoloxía e que se presentará no mes de maio en diferentes salas de exposición da cidade de Ourense.

Colaboran nas Xornadas:

Anacos da Cidade, Anpa do Colexio Filomena Dato, Cine Clube Padre Feijoo, Escola de Arte Antonio Failde e Facultade de Ciencias do Campus de Ourense.

Para calquera consulta, podedes contactar con nós en Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

 

Contactos:

Amarante: Víctor Barro, 988601921 – 659655734

A Esmorga: Irene, 600213494

Amigos da Terra: Angel Dorrío, 988374318

Semente: Laura Seco, 656271065

Verdegaia: Sonia Couso, 606226191 

 

Comentários
Adicionar novo Busca
wow power leveling  - WoW GOLD     |123.145.176.xxx |2010-01-22 02:42:37
you can get wow gold or wow power leveling and wow gold
rs   |125.41.1.xxx |2010-01-24 04:05:38
Good job, but help me please!
we provide some runescape services, like runescape gold,
runescape money,
runescape accounts. and
runescape power leveling and
runescape gold farming.
Escrever um comentário
Nome:
E-mail:
 
Website:
Título:
UBBCode:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch:
:(:shock::X:side::):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s
 
Por favor coloque o código anti-spam que você lê na imagem.

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

 
Verdegaia - Ourense
Novas de Verdegaia-Ourense
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top