|
Verdegaia prosegue coas súas actividades de educación ambiental nas Ribeiras do Louro |
|
|
|
|
Thursday, 26 de February do 2009 |
|
Verdegaia inicia o vindeiro sábado 27 as súas actividades de educación ambiental de 2009 nas Ribeiras do Louro cun roteiro polo espazo natural e coa apertura do Punto de Información Ambiental das Ribeiras do Louro. Deste xeito, a asociación prosegue, xa por segundo ano consecutivo, coas súas actividades educativas nos valores ambientais das Ribeiras do Louro, desta volta con algunhas novidades respecto do ano anterior.
O roteiro será guiado por un membro da asociación e partirá ás 10:30 h.
do sábado 27 do aparcadoiro da Lagoa de Orbenlle percorrendo un
itinerario de tipo circular que comezará e rematará no mesmo punto
tendo prevista a súa finalización en torno ás 13:30 h.
O Punto de información Ambiental das Ribeiras do Louro está situado na
Lagoa de Orbenlle e abrirá de 10:30 h. a 13:30 h., contando tamén cun
membro da asociación que informarará ós /ás visitantes dos valores
naturais que alberga esta zona.
Ambalasdúas actividades realizaranse os derradeiros fins de semán de cada mes durante todo o 2009.
Ademais, este ano Verdegaia oferta a posibilidade ós colexios de
realizar actividades con escolares nas Ribeiras para que os/as máis
cativas coñezan os interesantes valores deste espazo natural. O prazo
de inscripción para os colexios abrirase a partires do mes de marzo e
as actividades serán gratuitas para os centros educativos.
Todas estas actividades contan cunha axuda da Consellería de medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
Para máis informción: Jose Crespo (678 986 676).
|