Inicio arrow Verdegaia - Vigo arrow Por unha Ría Limpa e Viva!!  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Por unha Ría Limpa e Viva!! PDF Imprimir Correo-e
Friday, 20 de February do 2009
A ría de Vigo presenta uns índices de contaminación alarmantes. Parte de esta contaminación é debida aos metais pesados, moi nocivos para a saúde, que proveñen das industrias.

thumb_manifestacion_depuradora.jpg

Na cidade máis industrializada do país, as aguas industriais da maioría das empresas non se tratan e van, xunto coas aguas residuais urbanas e as pluviais, cara a unha depuradora que está preparada para tratar exclusivamente a materia orgánica das aguas domésticas, polo que a contaminación vai, cada día, en aumento e pode chegar o momento en que o peixe e o marisco da ría non se podan comercializar por ser nocivos para a saúde.
 
As administracións, en vez de intentar solucionar o problema, pretenden cometer os mesmos erros e proxectan unha macrodepuradora, sen realizar a separación das aguas pluviais, que colapsan a depuradora cando chove muito, das industriais que matan os microorganismos da depuradora paralizándoa, e das residuais urbanas.
 
Pretenden investir 234 millóns de euros nunha macrodepuradora que simplemente terá mais capacidade, mais non solucionará os graves problemas de contaminación que existen na Ría.
 
Ademais, pretenden construíla na Xunqueira do Lagares, que é un espazo natural único, polo que seria un atentado ambiental. E tamén aumentaría o fortísimo impacto social que leva aturando, desde hai máis de 11 anos, a veciñanza de Coruxo polos cheiros pestilentes e os ruídos da depuradora actual.
 
A solución seria tratar por separado os distintos tipos de aguas e construír unha rede de pequenas depuradoras conectadas entre si, como fixeron nos fiordos  noruegueses , que son parecidos ás nosas rías.


*Por todo isto, a rede de 15 colectivos "A Ría Non Se Vende" convocamos a
unha manifestación en Vigo o vernes 27 de febreiro ás 20:30, que irá
desde o Concello (Praza do rei) até a Xunta (Praza da Estrela).*

DEPURACIÓN EFICAZ SI !!!   MACRODEPURADORA NON!!!!

 

 

 
Verdegaia - Vigo
Novas de Verdegaia-Vigo
Coordenadora Comarcal
Xuntanzas
Contacto
Tertulias Verdegaia
Ribeiras do Louro
A Ría Non se Vende
VigoTroca
   Home  Print  @ Contact Top