Inicio arrow Sustentabilidade arrow Organizacións ecoloxistas presentan un Programa pola Terra con motivo das eleccións autonómicas  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Organizacións ecoloxistas presentan un Programa pola Terra con motivo das eleccións autonómicas PDF Imprimir Correo-e
Tuesday, 17 de February do 2009

O  Programa pola Terra recolle unha serie de propostas para que as diferentes forzas políticas as integren na súa acción de goberno ou de oposición durante a vindeira lexislatura. É un documento promovido por Amigos da Terra, a Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), a Federación Ecoloxista Galega (FEG) -da que forma parte Verdegaia- e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).

O vindeiro 1 de marzo celebraranse eleccións autonómicas en Galicia. A Xunta ten transferidas e recoñecidas amplas competencias para contribuír a acadar un futuro sustentable para o noso país. A amplitude da crise ambiental global é de tal magnitude que require unha mudanza gradual pero radical nas políticas desenvolvidas por tódalas Administracións e, particularmente, pola Xunta de Galicia. Galicia contribúe a esta crise ambiental e é, cunha pegada ecolóxica moi elevada, un exemplo de insustentabilidade: arestora a poboación e o tecido socioeconómico galegos precisan dunha superficie do planeta equivalente a 5 "Galicias".

O  Programa pola Terra formula unha ducia de propostas para a próxima lexislatura que permitirían avanzar cara a unha conversión ecolóxica da economía galega, mellorando a calidade de vida dos galegos e galegas sen destruír o medio ambiente a escala global e local. As propostas baséanse en tres principios:

- O actual modelo económico e social é inxusto e insustentable.

- É necesario un compromiso de mudanza de dimensións estratéxicas.

- Participación e transparencia non poden quedarse só en verbas.

Verdegaia participou na redacción do Programa pola Terra achegando numerosas suxestións que constitúen en boa medida a base do documento final. O contido do Programa pola Terra foi até agora e seguirá sendo no futuro un referente para o labor cotián da nosa asociación.

 A aplicación do Programa pola Terra suporía un xiro radical a respecto da acción de goberno desenvolvida durante a presente lexislatura. Verdegaia vén de denunciar que a sustentabilidade tampouco foi un obxectivo fundamental das políticas autonómicas durante os últimos catro anos. O Goberno bipartito mesmo incumpriu compromisos importantes a favor do medio ambiente do seu propio programa.

As doce propostas

Estes son os enunciados das doce propostas:

1. Reducir as emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) de forma que en 2012 non superen nun 15% as de 1990.

2. Decrecer o consumo de enerxía e promover máis as renovables sen destruír o territorio.

3. Establecer unha moratoria na construción de novas autovías e autoestradas e aprobar un Plano Integral de Transportes sustentable.

4. Aplicar unha política de ordenación do territorio que limite drasticamente o crecemento urbanístico e defenda a costa.

5. Defender a soberanía alimentaria e o equilibrio territorial para manter un mundo rural e mariñeiro vivos.

6. Parar a perda de diversidade biolóxica.

7. Implantar unha nova cultura da auga.

8. Pechar a incineradora de SOGAMA no 2017 e promover a redución e a reciclaxe dos residuos urbanos.

9. Avanzar na democracia participativa.

10. Fortalecer a cooperación internacional para o desenvolvemento sustentable.

11. Impulsar a contratación pública verde.

12. Facer unha reforma verde do sistema fiscal autonómico.

 Máis información:

 pdf Programa pola Terra 2009

O bipartito incumpriu compromisos importantes a favor da sustentabilidade incluídos no seu propio programa

 
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top