Inicio arrow Verdegaia - Vigo arrow Verdegaia alerta de que o TAV afectaría tres zonas do espazo natural das Gándaras de Budiño  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Verdegaia alerta de que o TAV afectaría tres zonas do espazo natural das Gándaras de Budiño PDF Imprimir Correo-e
Tuesday, 17 de February do 2009

A asociación ecoloxista Verdegaia quer alertar de que o trazado proposto para a fronteira portuguesa-Porriño do Tren de Alta Velocidade (TAV) afectaría tres zonas do espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro.

En concreto, á altura da parroquia de Guillarei prevese a construción dun viaduto de 4,5 km para cruzar o río Miño e as súas veigas que  atravesaría polo medio o espazo natural ao longo de 1,5 km e produciría a destrución do Ameal das Travesas, hábitat de conservación prioritária para a UE (código 91E0--Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior) e afectaría tamén ao hábitat de interesse comunitario 3150 (Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition).

Máis ao Norte, na parroquia de San Salvador de Budiño, a liña pasaría ao carón do espazo natural, o que podería ocasionar arrastres de terra cara á turbeira do Cerquido* durante a fase de construción. Neste ponto sería conveniente a construción dun paso elevado o que polo de agora non está contemplado.

Por último, na parroquia de Atios, no extremo Norte do espazo natural, as vías construiríanse ao longo de 600 m paralelas á autovía mais dentro dos límites do LIC, levando por diante os hábitats 91E0 e o 3150.

Verdegaia exixe a actuación da Consellaría de Medio Ambiente, dado que o trazado exposto a información pública -sobre o cal a asociación apresentou alegacións-  é totalmente incompatíbel coa catalogación como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e a súa inclusión na Rede Natura.
 
*A turbeira do Cerquido conta com 5 hábitats de interese comunitario, un deles de conservación  prioritaria: 3110--Augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas, 3150--Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition, 4020--Uceiras húmidas de Erica ciliaris e E. tetralix, 7130—Turbeiras, 150--Depresións sobre substratos do Rhyncosporion.

gndaras_de_budio.jpg

 
Verdegaia - Vigo
Novas de Verdegaia-Vigo
Coordenadora Comarcal
Xuntanzas
Contacto
Tertulias Verdegaia
Ribeiras do Louro
A Ría Non se Vende
VigoTroca
   Home  Print  @ Contact Top