|
Verdegaia Compostela organizará o vindeiro sábado 14 de febreiro do 2009 o segundo roteiro do programa "Vai de Roteiros" cunha camiñada pola Devesa de Nimo e o Esteiro do río Tambre. Sairemos ás 9:30 h. da explanada de Salgueiriños en Santiago de Compostela. O roteiro durará toda o día polo que cómpre levar, calzado e roupa axeitados, e prismáticos si se dispón deles. Ademais, é aberto e gratuíto para todas e todos.
Na
zona pola que transcorrerá gran parte da rota, devesa
de Nimo,
levouse a cabo un proxecto
Life 2000,
no que pretendía unir unha actividade industrial, co aproveitamento
turístico, preservando un espazo natural de grande valor ambiental,
poderemos ver quen saíu beneficiado nese mal casamento. Na
rehabilitación dun espazo natural degradado e na ordenación
territorial, non so non se fixo nada, senón que se segue a
deteriorar.
Durante
a rota veremos a zona que sería afectada
si se leva a cabo o proxecto de parque eólico. Os membros da
Plataforma
pola Defensa do Esteiro do Tambre xa
solicitaron á Consellería de Medio Ambiente que impida a colocación
de muíños de vento para a produción de enerxía eólica no Monte
da Pena,
en Outes, por ser un lugar singular e emblemático de especial valor
paisaxístico e ecolóxico. O parque
pena de Ferro,
estaría situado nos concellos de Noia, Brión e Lousame ocupando
dúas zonas da Rede
Natura LIC Esteiro do Tambre.
Valores
naturais e problemas da Devesa de Nimo e o Esteiro do Río Tambre
A
devesa
de Nimo localízase
na totalidade do concello de Noia, ocupando a marxe esquerda do río
Tambre no tramo que vai dende o termo municipal de Brión ata a
central
hidroeléctrica do Tambre.
A
devesa
de Nimo é
bosque atlántico costeiro caducifolio constituído por carballo,
cerquiño, loureiro, acivro, abeleira, espiño, uceiras, cerdeiras e
maceiras silvestres, salgueiros, ameneiros, freixos ou érbedos.
Ademais das especies arbóreas, na devesa hai unha grande variedade
de fentos, liques, brión e fungos. En canto a fauna podemos atopar
especies como garzas, anadas reais, merlo acuáticos, avelaionas,
cobra de colar, lagarto das silveiras, ra verde ou raposo, coellos,
xabarís e garduñas.
A
devesa de Nimo é
unha das mellores fragas atlánticas de Galicia, agora ameazada por:
-Invasión
de eucaliptos e
un novo parque eólico na zona.
-A
alteración
paisaxística leva
unida a desaparición de importantes masas de frondosas autóctonas
con talas, incendios e cambios de usos, que son substituídas por
plantacións monoespecíficas de enfermos eucaliptos que ocupan xa
máis dun terzo da superficie.
-Derivación
e canalización do cauce do río,
reducindo o caudal nun tramo de 12km e o impacto do mesmo.
-Efecto
barreira para
a fauna piscícola e terrestre, tanto da presa como da canle.
Tales
impactos pretenderon ser mellorados cun proxecto Life no 2000,
veremos a súa ineficacia.
O
Esteiro do Tambre é
un conxunto intermareal rodeados de xunqueiras que lentamente, tras o
embalse coa central hidroeléctrica Tambre I. O estuario na ría de
Noia ten recunchos de valía ecolóxica e paisaxística como en Ponte
Nafonso,
que o cruza a ras de auga en vinte sucesivos arcos que conduce cara a
densa vexetación da Devesa de Nimo. A visión panorámica máis
próxima á costa, dende A Serra de Outes, é o monte Tremuzo (526 m)
onde agora o plano eólico quere invadir esta zonas da Rede Natura e
LIC.
Percorrido:
-Comezaremos
en Nimo, unha aldea de Noia que resiste á despoboamento do rural
tendo algunha construción ben restaurada. Deixaremos a aldea
baixando por un antigo camiño de acceso aos prados chegaremos aos
restos dun muíño. Uns poucos metros máis abaixo atopamos unhas
curiosas construcións para as colmeas.
-Antes
de chegar á canle de abastecemento á central do Tambre I, como a
desaparición de grandes masas frondosas autóctonas da fraga de Nimo
deixan paso aos monocultivos de eucaliptos.
-Ao
chegar á canle que ven da central do Tambre II apreciarase unha das
actuacións do proxecto Life para a redución da mortalidade da fauna
por causas das caídas na canle.
-Tamén
veremos restos das construcións dunha antiga canteira. Ao longo do
seguinte tramo a natureza foi facendo desaparecer unha antiga pista e
agora as súas raíces levantan a artificialidade.
-Chegaremos
a uns restos visibles da canteira e preto da desembocadura do río
Quarenza no Tambre faremos unha paradiña de 15 min para repoñer
forzas.
-Proseguimos
agora aos pes da devesa de Nimo acompañados da vexetación propia da
devesa contrastando coas especies invasoras na outra marxe, eucalipto
e acacias.
-Despois
de varias pasarelas salvando regatos e rochas chegaremos a un refuxio
de pescadores e unhas pesqueiras ou pescos que se usaban para a
captura de lamprea no río que son outros elementos arquitectónicos
que nos acompañarán na rota.
-Xantaremos
na central hidroeléctrica do Tambre I, un peculiar edificio
proxectado polo arquitecto galego Antonio Palacios no 1932. aquí
poderemos ver a actuación máis salientable do proxecto Life coa
restauración e construción de diversos edificios de uso turístico.
-Descansados
comezaremos o último tramo subindo ate a estación de descarga, onde
toda a auga canalizada que ven da central II descende por catro
enormes tubarias. Seguiremos subindo e o desnivel nos irá aportando
unha vista xeral da zona. Poderemos ver tanto a invasión de
eucaliptos, múltiples liñas eléctricas e a zona onde está
previsto construír o parque eólico, así como o magnífico Esteiro
do Tambre (LIC) que forma o Tambre na súa desembocadura en
Pontenafonso abríndose a ría de Muros e Noia. Chegaremos de novo a
aldea de Nimo.
|