|
Ver calendario
Nos
algo máis de dous anos que Verdegaia leva traballando en prol da
defensa do ambiente e a transformación social, a realización de
roteiros polo territorio galego foi unha constante como actividade
educativa e reivindicativa. Galiza
dispón dunha riqueza natural, cultural e paisaxística só
comparábel ás barbaridades que tristemente tamén podemos atopar
con certa facilidade... encoros, autoestradas, explotacións
mineiras, etc.
Verdegaia
pon en marcha o seu Programa VAI DE ROTEIROS!, co dobre obxectivo de
dar forma a unha actividade que até o de agora non tiñan un fío
condutor visíbel e de coñecer e valorar o mellor e o peor do noso
territorio, educando e ao mesmo tempo reivindicando unha correcta
xestión do mesmo.
Este
programa abranguerá a totalidade da xeografía galega, e de zonas
próximas á nosa comunidade, perseguindo diferentes fins como servir
para divulgar os valores naturais, culturais e etnográficos das
zonas visitadas, dar a coñecer e denunciar as desfeitas que se
detectan nas zonas polas que transcorra o roteiro, fomentar a
participación cidadá en actividades relacionadas coa natureza, ser
un elemento de ocio máis ofertado gratuitamente á cidadanía, e
fomentar o traballo conxunto entre asociacións, entre outras
finalidades.
Cada
terceira fin de semana do mes, un dos núcleos comarcais de Verdegaia
será responsábel da organización e realización dun roteiro no que
tentaremos integrar elementos naturais e culturais, educativos e
reivindicativos para coñecer e valorar mellor o noso medio e o noso
impacto sobre el.
CALENDARIO
DE ROTEIROS
Programa 2011-2012
2010/2011
Outubro: Estaca de Vares. NC de Ferrol.
Novembro: Ribeiras do río Arnoia en Allariz. NC de
Ourense.
Decembro: Complexo intermareal Umia-O Grove. NC de
Pontevedra.
Xaneiro: L.I.C. Costa Ártabra entre Ares e
Mugardos . NC de Ferrol.
Febreiro: ---
Marzo: Serra da Groba. NC de Vigo.
Abril: Chouzos do Suído. NC de Pontevedra.
Maio: Ribeiras do Miño na cidade de Ourense. NC de
Ourense.
Xuño: Illa de Ons. NC de Vigo.
2009/2010
2008/2009
|