Inicio arrow Enerxía e Cambio Climático arrow Verdegaia lamenta a resolución do concurso eólico sen garantías ambientais  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
RA! - Rede Anticapitalista Galega
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Verdegaia lamenta a resolución do concurso eólico sen garantías ambientais PDF Imprimir Correo-e
Luns, 05 de Xaneiro do 2009

parqueeolicoserra.jpgVerdegaia lamenta que a Consellería de  Industria resolvese o concurso eólico sen garantías ambientais. O concurso, lonxe de cumprir coas recomendacións do "ecoloxismo mundial", como declarou  Anxo Quintana, é un exemplo senlleiro do ecoloxismo cínico que practican os seus responsables.  Os danos que previsiblemente provocará no medio natural serán aínda maiores que os do concurso de 2006, polo maior número de parques admitidos a trámite e por non ter en conta a proposta de ampliación da Rede Natura 2000.

 A resolución do concurso eólico confirmou novamente que  o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, defensor das centrais térmicas, de REGANOSA, das pizarreiras do Courel ou dos agrocombustibles, é un dos maiores inimigos da sustentabilidade en Galicia.  A Consellería de Innovación e Industria non só non quixo esperar á elaboración dun novo Plano Sectorial Eólico que fose obxecto dunha avaliación ambiental estratéxica, senón que tamén ignorou a proposta para a ampliación da Rede Natura 2000 que manexa a Consellaría de Medio Ambiente. Verdegaia tamén valora negativamente que tan só 151,5 dos 2.290,7 MW (o 6,6%) da potencia concedida corresponda ao repotenciamento de parques existentes.

O segundo concurso eólico resolto polo bipartito

O concurso eólico que vén de resolver a Consellería de Innovación e Industria é o segundo desta lexislatura. O primeiro foi convocado en 2006 e nel admitíronse a trámite 21 novos parques. A tramitación destes parques fundamenta os temores sobre as consecuencias do concurso agora resolto. Ao se iren coñecendo os proxectos, confirmouse que algúns deteriorarán  espazos de elevado interese natural e paisaxístico: é o caso dos parques Muxía I-2º Fase e Muxía II (na Costa da Morte, entre Touriñán e Muxía), Albariño (na serra da Groba), Pena Redonda (no macizo de Pena Trevinca) ou Alto do Rodicio e Ampliación de Sil-Fase II (no contorno do canón do Sil). 

A pesar de xestos como o abandono da mesa de valoración do concurso eólico, non parece probable que a Consellaría de Medio Ambiente vaia declarar ambientalmente inviables algúns dos parques eólicos agora admitidos a trámite. Até hoxe, a Xunta só emitiu unha declaración de impacto desfavorable dun total de máis de 150 expedientes de avaliación ambiental de parques eólicos tramitados desde 1996. Con Manuel Vázquez  á fronte da Consellaría de Medio Ambiente emitíronse 19 declaracións de parques eólicos, todas elas favorables, incluídas as de dous parques admitidos a trámite no concurso de 2006 (Fontesilva e Alto do Rodicio).

Mentres que o impacto negativo sobre o territorio dos 78 proxectos de parques admitidos a trámite no megaconcurso eólico do 2008 será moi notable, o seu impacto positivo na loita contra a mudanza climática será bastante limitado, ante a falta de políticas capaces de reducir o consumo de electricidade e de limitar drasticamente a produción sucia nas centrais térmicas, moi especialmente nas de carbón. Así, e segundo a propia Xunta, as emisións de gases de efecto invernadoiro asociadas á produción enerxética en Galicia, a pesar de ser xa moi elevadas, aumentarán un 17% entre 2008 e 2012 a respecto de 2007.

Máis información:

Nace un movemento pola defensa da serra da Groba

 Verdegaia rexeita o parque eólico Pena Redonda, no macizo de Pena Trevinca

Verdegaia propón un novo modelo eólico para a sustentabilidade

Comentários
Adicionar novo Busca
tiffany  - tiffany     |58.247.134.xxx |2010-03-10 07:15:56
tiffany tiffany tiffany jewellery tiffany jewellery tiffany jewelry tiffany jewelry tiffany co jewelry tiffany co jewelry tiffany co tiffany co tiffany and co tiffany and co tiffany silver jewelry tiffany silver jewelry tiffany jewelry sale tiffany jewelry sale tiffany uk tiffany uk uk tiffany jewellery uk tiffany jewellery tiffany jewellery london tiffany jewellery london Abercrombie Jeans Abercrombie Jeans Abercrombie Pants Abercrombie Pants Abercrombie Tees Abercrombie Tees Abercrombie Shorts Abercrombie Shorts Abercrombie Sweater Abercrombie Sweater Abercrombie Outerwear Abercrombie Outerwear Abercrombie Hoodies Abercrombie Hoodies Abercrombie Polo Abercrombie Polo Abercrombie Shirts Abercrombie Shirts abercrombie henleys crew abercrombie henleys crew hollister hollister hollister uk hollister uk abercrombie mens abercrombie mens abercrombie womens abercrombie womens Ruehl 925 Ruehl 925 Abercrombie And Fitch Abercrombie And Fitch
Escrever um comentário
Nome:
E-mail:
 
Website:
Título:
UBBCode:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
 
 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch:
:(:shock::X:side::):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s
 
Por favor coloque o código anti-spam que você lê na imagem.

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top