Inicio arrow Novas de Verdegaia-Vigo arrow A Rede Social Galicia Sur condena firmemente os brutais ataques militares israelís na franxa de Gaza  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
A Rede Social Galicia Sur condena firmemente os brutais ataques militares israelís na franxa de Gaza PDF Imprimir Correo-e
Friday, 02 de January do 2009
A Rede Social Galicia Sur, na que participa Verdegaia, convoca unha concentración hoxe ás 20:00 en Vigo na porta do Marco, en apoio ó pobo palestino.

Contra o Terrorismo de Estado do Goberno israelí
Contra a guerra, a ocupación e  as violacións dos Dereitos Humanos
Pola paz, a resolución política do conflito en Oriente Próximo e a solidariedade co pobo palestino


A Rede Social Galicia Sur condena firmemente os brutais ataques militares que as forzas de ocupación israelís están levando a cabo na franxa de Gaza desde o día 27 de decembro de 2008. Estos ataques xa supuxeron máis de 300 mortes e 1500 persoas feridas.

Tanto o momento como o lugar do inicio dos ataques indican a intención de causar o maior número de baixas posible. Moitos dos ataques cométense en zonas densamente habitadas por poboación civil, nun dos territorios con maior densidade de poboación por kilómetro cadrado do mundo.

Dada a emerxencia e a extrema gravidade da situación pedimos o fin incondicionado de toda acción armada e de toda violencia perpetrada baixo o lema da seguridade, e  esiximos:

·    Ó Goberno de España cumrlir coas súas obrigas legais e morais recollidas no artigo 1º do Convenio de Xenebra, para asegurar o respecto do mesmo por parte de Israel.
·    Ó Consello de Seguridade da ONU chamar a unha sesión de emerxencia e adoptar medidas concretas que presionen de maneira efectiva e esixan o cumprimento por parte de Israel de todas as súas obrigas en virtude do dereito internacional humanitario.
·    Ás institucións da UE e os Estados membros facer un uso eficaz das Directrices da Unión Europea para promover o cumprimiento do dereito internacional humanitario e garantir que Israel o cumpla.

Por todo esto convocamos á poboación de Vigo a asistir á concentración que terá lugar hoxe, día 02 de Xaneiro de 2009 ás 20:00 na porta do MARCO, e alzar así a súa voz contra os graves ataques na franza de Gaza.

Para máis información: Tom Kucharz.-619 949 054

As organizacións que formamos parte da Rede Social Galicia Sur (plataforma que aglutina a mais de 20 organizacións de Vigo e comarca que traballan tanto nos países do Sur como en Galicia pola xustiza social e por acadar un mundo máis xusto, equitativo e sostible para toda a cidadanía) e que apoiamos esta acción somos: Amarante, Aida, Axuda en Acción, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, Comité Oscar Romero, Dar Máis, Educación Sen fronteiras, Emaús Fundación Social, Entreculturas, Enxeñería sen fronteiras, Fundación Balms, Fundación Proclade, Fundación Secretariado Xitano, Grupo VIH/SIDA e adiccións “O Imán”- Sereos, Implicad@s no desenvolvemento, Intermón Oxfam, Médicos do Mundo, MunDos Cooperativa de Comercio Xusto, Seminario Galego de Educación para a Paz, Solidariedade Internacional, Solidarios para o desenvolvemento, Taller de Solidariedade e Verdegaia.

 
Verdegaia - Vigo
Novas de Verdegaia-Vigo
Coordenadora Comarcal
Xuntanzas
Contacto
Tertulias Verdegaia
Ribeiras do Louro
A Ría Non se Vende
VigoTroca
   Home  Print  @ Contact Top