Inicio arrow Verdegaia - Vigo arrow Vigo: Por un nadal menos consumista. Xornada dobre de troco e cesión especial xoguetes  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Vigo: Por un nadal menos consumista. Xornada dobre de troco e cesión especial xoguetes PDF Imprimir Correo-e
Saturday, 27 de December do 2008

mercado1.jpgEste sábado 27 de decembro, as asociacións Amarante, Árbore, Assambleia de Mulleres, Caleidoskopio, C.S. Formiga, Foro da Mocidade, Precarias en Loita, Verdegaia, Sensumistas, Xogo Descoberto e o Centro Social do Calvario organizan unha xornada contra o consumismo co seguinte programa:

Pola mañá:
 
·    MERCADIÑO DE TROCO E CESIÓN, como cada último sábado de mes, na rúa Urzáiz, fronte ao mercado do Calvario, entre as 11:00 e as 13:00 horas (se chove, no Centro Social Calvario, na rúa Numancia 3).
·    Taller de reciclaxe, a carón do mercadiño.

Pola tarde:
 
·    Nova edición do MERCADIÑO DE TROCO E CESIÓN, desta volta na praza da Princesa, entre as 17:00 e as 19:00 horas.
·    Taller de reciclaxe, a carón do mercadiño.
·    Acción de rúa contra o consumismo, a partires das 19:00.

Nesta ocasión, o mercadiño contará cunha sección especial para o troco de xoguetes nos que os principais protagonistas á hora de trocar serán os nenos e as nenas. Que sexan eles/as os que leven os seus xoguetes e os troquen por outros que lles fagan maior ilusión.

Todo aquela persoa que queira participar nesta experiencia poderá pasarse pola rúa Urzáiz ou pola praza da Princesa levando aqueles bens —roupa, libros, música, obxectos decorativos, artesanía, electrónica, mobles e o que a cada quen lle pete— que queira trocar ou ceder voluntariamente a outras persoas. A idea é fomentar a cesión desinteresada dos obxectos que non utilizamos (e que ben lle poden servir a outras persoas) ou o seu intercambio por aqueles obxectos ou bens dos que si precisamos.

Asinado: Amarante, Árbore, Assambleia de Mulleres, Caleidoskopio, C.S. Formiga, Foro da Mocidade, Precarias en Loita, Verdegaia, Sensumistas, Xogo Descoberto e o Centro Social do Calvario


Contactos: Eva (Amarante) 687 663015 - Javi (Caleidoskopio) 986 113796 - Fran (Verdegaia) 666 841041

mercado1.jpg

 

 
Verdegaia - Vigo
Novas de Verdegaia-Vigo
Coordenadora Comarcal
Xuntanzas
Contacto
Tertulias Verdegaia
Ribeiras do Louro
A Ría Non se Vende
VigoTroca
   Home  Print  @ Contact Top