Inicio arrow Paz e Globalización arrow Pola paz no Oriente Próximo: Non máis crimes de guerra  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Pola paz no Oriente Próximo: Non máis crimes de guerra PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 27 de Xullo do 2006

explosion_libano.jpgMáis unha vez recrudécese a violencia no Oriente Próximo. De novo a poboación civil é a primeira en padecer os ataques armados. Verdegaia defende a construción da paz, tamén naquela rexión, e un primeiro paso neste camiño é o respecto polos Direitos Humanos e a legalidade internacional vixente.

O Estado de Israel continúa a actuar impunemente, atacando á poboación civil, á ONU e á Cruz Vermella, violando os Direitos Humanos, as Convencións de Xenebra e as Resolucións de Nacións Unidas, cometendo crimes de guerra co apoio incondicional dos Estados Unidos. O comportamento israelí é intolerábel, e o feito de que se veña reproducindo durante décadas sen consecuencias para este Estado –evidenciando a existencia de diferentes varas de medir–, está a servir como caldo de cultivo para novos e maiores recursos á violencia, para alimentar unha espiral da violencia con graves consecuencias locais e globais.

Con todo, rexeitar as accións promovidas polo goberno de Israel e solidarizarse coas poboacións de Palestina e o Líbano non supón dar por boa calquer resposta surxida destas sociedades e os seus gobernos. A defensa da poboación civil, como a esixencia de respecto polos Direitos Humanos e a legalidade internacional vixente, debe ser dirixida a todos os actores na zona con algunha responsabilidade.

Verdegaia convídate a apoiar a ciberacción de Amnistía Internacional pola Fin dos Crimes de Guerra en Oriente Próximo, así como a participar nas convocatorias que surxan en solidariedade cos pobos palestiniano e libanés; na defensa da poboación civil, o respecto polos Direitos Humanos e a legalidade internacional; contra a impunidade israelí e estadounidense... pola paz no Oriente Próximo.


Máis información:
Instituto de Estudios sobre Conflictos y Acción Humanitaria
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional

 

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top