Inicio arrow Verdegaia - Ourense arrow Prende, as luces prende, polo Nadal (en Ourense)  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
Prende, as luces prende, polo Nadal (en Ourense) PDF Imprimir Correo-e
Friday, 12 de December do 2008
Verdegaia Ourense vén de enviar unha nota de prensa porque hoxe se prende o alumeado de Nadal na cidade, rodeado outra vez de polémica e outra vez coa opinión de Verdegaia en contra polo gasto innecesario de enerxía.

Este é o texto:

 "Non sabemos moi ben por que existe esta obsesión de prender tantas luces polo Nadal, mais semella que se non se fai non hai Nadal.

Verdegaia xa se ten manifestado en contra do gasto innecesario de cantidades inxentes de enerxía para un alumeado que en realidade non é necesario para nada.

En Ourense non soamente o Concello xa prende un alumeado  que se paga con cartos públicos (sen consultarlle á cidadanía se quere pagalo ou non), senón que ademais o Centro Comercial Aberto Ourense Centro tamén se encarga de iluminarnos máis con outro alumeado, por se non fora suficiente.

En anos anteriores, segundo unha noticia publicada no xornal La Voz de Galicia o día 9 de decembro, o Concello pagaba o que xa instalaba máis o 30% do que colocaba o Centro Comercial Aberto Ourense Centro. Este ano vai pagar o que coloca e o 50% do outro.

É dicir, toda a cidadanía vai pagar un alumeado que coloca o Concello (do que non sabemos o custo económico nin enerxético) e a metade doutro alumeado que na teoría se coloca porque quere o empresariado do Centro Comercial Aberto Ourense Centro (40.000 euros e o custo enerxético que descoñecemos).

Se todo isto é grave, o gasto innecesario de enerxía é o peor de todo.

En plena crise do petróleo e en pleno debate sobre o aforro enerxético, cando chegan estas datas semella que esquecemos todo e hai que gastar o que non se ten en quince días.

Ademais, as reiteradas protestas dos comerciantes por ter que pagar o alumeado ocultan o verdadeiro motivo polo que o fan. Está demostrado que o alumeado e a música incitan ao consumo e este é o verdadeiro motivo polo que o Centro Comercial Aberto Ourense Centro instala todos os anos o alumeado. Isto quere dicir que o gasto que fai en realidade se vai traducir en beneficio para os seus comercios.

 

Polo tanto, os desexos de Verdegaia para este Nadal son:

  1. Que o Concello dea conta do gasto total económico e enerxético do alumeado.
  2. Que o Concello de Ourense como Administración dea exemplo das políticas medioambientais que din que levan a cabo sendo o primeiro que aposte por un verdadeiro aforro enerxético, eliminando a colocación deste alumeado.
  3. Que se eviten en xeral este tipo de accións para incitar o aumento do consumo."

 

 

 

 
Verdegaia - Ourense
Novas de Verdegaia-Ourense
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top