|
Neste
primeiro trimestre o tema elixido para traballar foi o consumo. Por
iso decidimos xuntarnos todos no Parque de Belvís, para que
coñeceran o proxecto que está levando a cabo o concello de
Santiago: as hortas municipais do Parque de Belvís. Estas son unhas
parcelas duns 60 metros cadrados cada unha e preparadas para a súa
explotación hortícola mediante prácticas agrícolas ecolóxicas
ou, cando menos, tradicionais polos cidadáns. Deste xeito podemos
seguir consumindo productos naturais, cultivados por un mesmo na
propia cidade!!!
Despois
dos saúdos,dos relatos vacacionais de rigor e de comprobar que cada
vez están máis grandes, como medran estes rapaces... comezamos a
nosa xornada.
Neste
primeiro trimestre o tema elixido para traballar foi o CONSUMO. Por
iso decidimos xuntarnos todos no Parque de Belvís, para que
coñeceran o proxecto que está levando a cabo o concello de
Santiago: as hortas municipais do Parque de Belvís. Estas son unhas
parcelas duns 60 metros cadrados cada unha e preparadas para a súa
explotación hortícola mediante prácticas agrícolas ecolóxicas
ou, cando menos, tradicionais polos cidadáns. Deste xeito podemos
seguir consumindo productos naturais, cultivados por un mesmo na
propia cidade!!!
Puidemos
comprobar a grande variedade de herbas aromáticas e verduras que
estaban plantadas por todas as hortas. Moitos foron recoñecéndoas e
outras a pesares de comelas a miúdo nos foron quen de adiviñar.
Seica nas tendas non teñen o mesmo aspecto...
Descubrimos
que cada froita e verdura ten a súa tempada, sen embargo hoxe en día
podemos atopar calquera froita todo o ano, pero de onde veñen entón
eses productos? Demasiada viaxe para unhas cereixas, non?
E
cando xa tiñamos todo analizado chegou a hora de poñernos mans á
obra!! Si, si cada un viviu por uns intres na pel dun agricultor
ecolóxico. Puidemos preparar a terra,abonamos con compos, sementamos
unhas ricas leitugas e coles, e aplicamos técnicas naturais para
espantar ás odiadas pragas.
O
máis divertido foi decorar a nosa horta de figuras amarelas. Seica a
cor amarela espanta á mosca branca, a grande inimiga dos cultivos.
Funcionará? Comprobarémolo en vindeiras visitas á nosa hortiña,
bo en realidade é a horta dos nosos amigos Miguel e María, pero xa
nos convidaron para outra.
Para
rematar cada un levou unha variedade de verduras plantadas nun testo
reciclable. Agora terán que coidalas e saborealas...
Vémonos
noutra!!!!
|