|
Unha
vez máis xuntámonos o sábado 15 de novembro para traballar o tema
do Consumo Responsable. Xa é un tema coñecido e traballado noutras
ocasións, pero nesta ocasión quixemos tratalo dende a óptica dun
xogo de taboleiro.
Despois
das presentacións aos novos cogunen@s que recibimos este mes,
seguimos medrando a nosa cogufamilia..., e a nosa nova compañeira
Isabel; fixemos un balance para comprobar se todos sabiamos o que é
o consumo responsable e ver se realmente somos uns bos consumidores
responsables. A verdade é que temos verdadeiras xoias entre nós...
Organizámonos
en grupos e cada un tivo que ir contestando a diversas preguntas e
superando probas relacionadas co consumo que nos fixeron pensar e
aprender novas cousas a máis de un.
Sabiades
que na Praza de Abastos podiamos atopar laranxas de África e de
Sevilla ao mesmo prezo? A costa de quen?; Que podemos arranxar a noso
paraugas estragado polo tempo santiagués mentres facemos a compra
por uns poucos cartos? Que boa idea!! ; Que na nosa cidade podemos
saborear aínda dun bo pan e unhas boas galletas artesanais feitas
con produtos naturais? Umm... Que estando rodeados de hortas foinos
moi difícil atopar unhas boas noces do país nesta época, pero si
de Francia ou California?; Que a nosa roupa tivo que viaxar miles de
quilómetros ata chegar as nosas mans?
Todas
estas preguntas que nos foron xurdindo fixéronnos reflexionar na
importancia que teñen as nosas decisións como consumidores.
Está
nas nosas mans facer un pequeno cambio.
Animádevos
a ser uns mellores consumidores responsables!!!!
|