Inicio arrow Paz e Globalización arrow Eric Holt, do instituto Food First, estará en Lugo, Compostela e A Coruña  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
RA! - Rede Anticapitalista Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Eric Holt, do instituto Food First, estará en Lugo, Compostela e A Coruña PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 de Novembro do 2008
 Eric Holt-Giménez, director executivo de Food First (Instituto para a Política Alimentar e de Desenvolvimento) estará en Galiza coa ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) para falar sobre a “Crise alimentar global. Causas e situación. A alternativa da soberanía alimentar”. Será os vindeiros 25 e 26 de Novembro en Lugo, Santiago de Compostela e A Coruña.

Aínda que nestes momentos non se fala máis que dunha crise, a financeira, existen outras graves crises globais: ambiental, enerxética, alimentar… e están todas relacionadas. Hai apenas uns meses a crise dos prezos dos alimentos centrou a atención dos medios de comunicación durante unhas semanas, aínda que xa non se fale dela non desapareceu.

O recoñecido especialista internacional Eric Holt-Giménez estará en Galiza, da mao da ISAP, para falar da crise alimentar global e dar a coñecer as causas desta e a situación actual, ademais de avaliar a alternativa da soberanía alimentar dos pobos.

Axenda:

  • Martes 25 de Novembro
    • 20:00 horas: Palestra. Galería Sargadelos (Lugo)
  • Mércores 26 de Novembro
    • 11:00 horas: Conferencia de prensa. Clube Internacional de Prensa (Compostela)
    • 12:00 horas: Palestra. Salón de Graus da Faculdade de Ciencias Políticas-USC
    • 20:00 horas: Palestra no Kiosko Alfonso (A Coruña)

Eric Holt Giménez -director executivo de Food First desde 2006- é Doutor en Estudos Ambientais (Universidade de California) e Máster en Desenvolvimento Agrícola Internacional. Ten unha longa experiencia de traballo con campesiñado de Latinoamérica, África e Estados Unidos, así como de investigación sobre vulnerabilidade ambiental, agricultura sustentábel e agroecoloxía. O seu último libro é Campesino a Campesino: Voices from Latin America’s Farmer to Farmer Movement for Sustainable Agriculture (2006).

Food First/Institute for Food and Development Policy é un dos máis recoñecidos “think tanks” sobre alimentación dos EUA, segundo o New York Times. A mision de Food First é pór fin ás inxustizas que causan fame, pobreza e degradación ambiental por todo o mundo. Food First cré que un mundo libre de fame é posíbel se o campesiñado e as comunidades retoman o control dos sistemas alimentares actualmente dominados polas transnacionais da agroindustria.

A ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) é unha alianza nacida en Abril de 2008 seguindo o mandado do Foro de Nyéléni celebrado en Sélingué, Mali, en Febreiro de 2007. A ISAP ten como obxectivo dar a coñecer, construir e defender a soberanía alimentar dos pobos en e desde Galiza. Actualmente está integrada por Amarante, A Cova da Terra, Eirado, Emaús, Semente, Sindicato Labrego Galego, Verdegaia e Veterinarios Sen Fronteiras.

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top