Coincidindo co sexto aniversario da maior devastación ecolóxica que
tivo lugar no noso país, a rede Galiza Non Se Vende alerta dun novo
"Prestige" que navega polas augas dos mercados capitalistas ata as
consellarías da Xunta, se ben este é máis destrutor que o anterior.
Para denunciar esta ameaza medioambiental, activistas de GNSV
pecháronse esta mañá en diversos edificios públicos de Coruña, Vigo, Ferrol, Ourense, Compostela, Mugardos e Ribadavia e fixeron entrega do manifesto no Concello de Cangas
Baixo o lema "Goberne quen Goberne: Galiza non se Vende" os
activistas
queren denunciar as
políticas continuístas que seguen vendendo o
País a intereses escuros, depredando, aplicando modelos traídos doutros
lugares, provocando que Galicia perda de vez a súa idiosincrasia e se
afiance nunhas prácticas económicas, agrícolas, paisaxísticas,
medioambientais, enerxéticas, territoriais, alimentarias, relacionais,
etc… que nada teñen que ver coas necesidades do País e das súas xentes,
coa vida digna de quen hoxe habita a Terra e de quen poda vir despois.
Dous activistas foron detidos en Vigo polas forzas de seguridade que actuaron
violentamente contra os pechados. Todos eles foron identificados pola
policía e negoúselles o dereito a presentar un escrito no rexistro. O
peche dos activistas foi pacífico en todo momento e non se comprende a
actitude violenta da policía que chegou a rachar a pancarta de Galiza
Non Se Vende .
|
|
Consellaría de Medio Ambiente. Compostela
|
Concello de Mugardos |
 |
 |
| Ed. Adminsitrativos Xunta de Galicia. Vigo
|
Concello de Ribadavia
|
 |
 |
| Ed. Admin. Xunta de Galicia. A Coruña |
Concello de Ourense |
 |
|
Concello de Ferrol
|
|
Manifesto
13 NOVEMBRO. Rede Galiza non se Vende
Hai seis anos un
barco-lixo carregado de fuel-lixo viaxaba de Europa a África. Un
accidente fronte às costas galegas foi transformado en catástrofe por
gobernantes incapaces e autoritarios, agachados tras a propaganda e a
mentira. A cidadanía saíu á rúa como nunca antes fixera. Non se
podía repetir esa destrución ambiental. Non se podía repetir esa forma
de gobernar.
Apoiada naquela vaga de dignidade
cidadá, a mudanza acabou por chegar ao goberno autonómico. Custou
traballo ventilar aquela apodrecida Elsinor. Agora, seis anos máis
tarde, o pantasma do pai de Hamlet vaga desacougado polos corredores
pedindo vinganza. Mudou o goberno, pero... mudaron as políticas?
Non é a primeira vez que se
conmemora tan fatídico día. Hoxe tamén hai acto oficial: forma parte
dun ritual cínico, no que só se bota a vista atrás para seguir tirando
proveito daquela traxedia á que non se debería chamar accidente. Claro
que non debemos esquecer. Nós tampouco esquecemos. Non esqueceremos
nunca como centos de milleiros de galeg@s berramos NUNCA MÁIS,
convencidos de que de alí en diante algo había mudar definitivamente.
Que pouco aprendemos daquela
experiencia! Neste novo 13 de Novembro denunciamos que temos dentro un
perigo moitísimo maior, con efectos que son calquera cousa menos
“accidentais”.
Porque se gravísimos, case
irreparables, foron os danos provocados por aquela catástrofe, non
menores son os que cabe agardar das políticas continuístas que seguen
vendendo o País a intereses escuros, depredando, aplicando modelos
traídos doutros lugares, provocando que Galicia perda de vez a súa
idiosincrasia e se afiance nunhas prácticas económicas, agrícolas,
paisaxísticas, medioambientais, enerxéticas, territoriais,
alimentarias, relacionais, etc… que nada teñen que ver coas necesidades
do País e das súas xentes, coa vida digna de quen hoxe habita a Terra e
de quen poda vir despois.
Pero ben lonxe de marcar claramente
distancias coas viciadas e denostadas políticas anteriores, o goberno
“bipartido” da Xunta de Galicia seguíu apostando por un vergonzoso
continuísmo, caendo nas mans do capitalismo máis depredador en vez de
apostar decididamente por estudar e aplicar modelos de sustentabilidade
ecolóxica e xustiza social acordes coas demandas de Galicia e d@s
galeg@s. Mesmo a actual crise pon de manifesto a febleza de todo o
sistema económico que, baixo a etiqueta de progreso, o que fai é vender
os nosos recursos ás grandes transnacionais, hipotecando o noso futuro
e atacando as bases da nosa propia soberanía.
Denunciamos con toda contundencia:
-
Recheos inxustificados e alarmante
contaminación urbana e industrial nas rías
-
Degradación
dos ríos por contaminación e encoros
-
Plan
acuícola devastador de costa virxe
-
Plan
de portos deportivos privatizador e destrutor da costa
-
Plan
eólico deseñado para os intereses empresariais
-
Plan
de minaría destrutor do rural e cuestionábel rehabilitación de zonas
mineiras mediante a construción de megalagos (Meirama, As Pontes)
-
Degradación
continuada do Courel, Ancares e Trevinca
-
Urbanismo
masificador e salvaxe
-
Industrias
perigosas e contaminantes: Reganosa, Ence, Endesa, Elnosa, Alcoa,
Megasa, Meirama, SOGAMA, Ferroatlántica, Carballeda de Avia, etc.
-
Plan
de residuos destrutor de chan rústico e ambientalmente inviabel
-
Proliferación
desmesurada de polígonos industriais sen planificación
-
Plan
de vivenda protexida especulativo pensado para os promotores
-
Plan
de estradas sobredimensionado e irracional
-
Plan
Vigo Íntegra deseñado para as construtoras
-
Directrices
de Ordenación do Territorio ilegais feitas sen contar coa participación
cidadán
-
Modelo
de transporte insostible e destrutor (TAV, transporte privado..)
-
Abandono
do rural, eucaliptización e desmantelamento da agricultura e gandería
-
Intento
de desmantelamento do sector pesqueiro ( Lei de Pesca)
-
Desprotección
insultante do medio natural e da Rede Natura
-
Degradación
acelerada da paisaxe, desaparición de espazos singulares (Fragas do
Eume, Covas do Folón, Gándaras de Budiño..)
-
Falta
de compromiso real na recuperación dos núcleos históricos das vilas
-
Desprezo
ao patrimonio cultural (V.A.C. Costa da Morte, A-76, destrución de
castros..), despilfarro no Gaiás
-
Plans urbanísticos masificadores e
especulativos e áreas metropolitanas depredadoras e desestruturadoras
do territorio
-
Control
interesado dos medios de comunicación e amordazamento das opinións
críticas
-
Desprezo
ao ben común, parcialidade interesada cara ao gran capital
-
Cultivo
do clientelismo electoral
-
Parcialidade
do estamento xudicial e desprotección do débil
E fronte a isto esiximos un cambio
de rumo inmediato que poña a sustentabilidade ecolóxica e a xustiza
social no centro das políticas, que sitúe ás persoas e ao ambiente por
riba do lucro, que dialogue e avance na democracia participativa e
reflexiva... Que supere o actual sistema (auto)destrutivo e a súa
acumulación de crises, construíndo unha Terra viva e unha vida digna
para tod@s.
Goberne quen goberne, Galiza non
se vende!
Terra viva e vida digna para
tod@s!
|