|
O reorganización ministerial realizada polo presidente Zapatero hai uns meses na que finiquitou o Ministerio de Medio Ambiente, e a correspondente Ministra, para crear un macro-ministerio co nome Medio Ambiente y Medio Rural y Marino ten efectos colaterais graves e un deles é a desaparición da Unidade de Educación Ambiental, auténtico
referente nacional e internacional en EA. Organizacións de Educación Ambiental de todo o estado veñen de presentar un Manifesto na que denuncian esta desaparición.
Desde
hai máis de 30 anos, a Educación Ambiental foi
considerada como unha ferramenta estratéxica nas políticas
ambientais. Así o entenderon os diferentes organismos
internacionais e os sucesivos gobernos españois, que
participaron en innumerables reunións sectoriais de ámbito
internacional, organizaron congresos e xeraron plans, programas e
recursos para impulsar este eido. O MMA, agora MIMARM, incluso,
impulsou procesos interautonómicos que desembocaron na
publicación do Libro Blanco de
la Educación Ambiental en España (MMA,
1999). O MIMARM é, ademais, un referente da EA en España
xa que xestiona o CENEAM: Centro Nacional de Educación
Ambiental. O Goberno español asinou numerosos tratados e
convenios internacionais e europeos que o obrigan e comprometen a
utilizar as ferramentas sociais no cumprimento dos seus obxectivos:
Convenio de Aarhus, Convenio para a Conservación da
Diversidade Biolóxica, Convenio de Ramsar para a Conservación
das Zonas Húmidas, Convenio de Estocolmo, Directiva Marco de
Aguas ou o Protocolo de Quioto, entre outros.
A
pesar disto, aínda queda un longo camiño por percorrer,
xa que ata agora a utilización de ferramentas sociais na
solución de problemas ambientais, realizouse de xeito tímido,
deficiente e pouco sistemático. Pódese afirmar que
existe unha relación inversa entre a relevancia que se lle
concede á Educación Ambiental nas políticas de
resposta á problemática ambiental e os recursos
humanos, económicos e técnicos que realmente se
destinan á súa posta en práctica. Porén,
a Educación Ambiental é unha realidade e posúe
un alto capital político e social grazas ao esforzo de
Organismos como la UICN, o Convenio de Ramsar, Europarc, as
asociacións autonómicas e estatais de educadores e
educadoras ambientais, as organizacións ecoloxistas, os
colectivos de renovación pedagóxica, a interpretación
do patrimonio, as fundacións e os profesionais de empresas
privadas e organismos públicos (incluído personal do
MIMARM). De feito, o impulso dado polo Libro
Blanco de la Educación Ambiental e
as distintas estratexias autonómicas de Educación
Ambiental nos primeiros anos desta década permitían
afrontar o futuro cun moderado optimismo. Unha parte importante desa
mudanza de paradigma e novo horizonte na xestión educativa dos
problemas ambientais, débese en boa parte ao labor da Unidade
de Educación Ambiental do antigo MMA e actual MIMARM,
auténtico referente nacional e internacional en EA e hoxe
desaparecida do organigrama.
Consideramos por
todo isto a desaparición da unidade de Educación
Ambiental do agora Ministerio de Medio Ambiente y Rural y Marino como
un grave erro político e a última evidencia dun proceso
encuberto para pechar vías aos instrumentos sociais, á
participación pública e, en definitiva, á
profundización democrática na resolución da
crise ambiental.
En
consecuencia, as organizacións e entidades, que asinan abaixo
MANIFESTAMOS:
*
Que todos os problemas ambientais do
pasado e do presente século teñen a súa base en
problemas sociais, polo que resulta absurdo e insensato pretender que
se poden resolver ou xestionar prescindindo do uso de ferramentas e
instrumentos sociais.
*
Que estes instrumentos sociais (a
educación, a comunicación e a participación
social), concebidos como procesos permanentes para a creación
de espazos de aprendizaxe, son as pontes entre a Administración
e a sociedade, e elementos extraordinariamente útiles, tanto
para o desenvolvemento das políticas dos diversos
departamentos, como para as relacións cos diferentes actores
sociais.
*
Que nunca como nestes momentos resulta
máis trascendente e preciso fortalecer e potenciar todos os
camiños posibles cara aos instrumentos sociais, e a Educación
Ambiental, nos seus máis de trinta anos de existencia,
demostrou ser, sen dúbida, unha das súas ferramentas
máis eficaces e máis eficientes en relación aos
limitados recursos investidos nela.
Que pretender limitar o eido de actuación
da Educación Ambiental ao ámbito educativo formal é
un reducionismo absurdo e irreal que, ademais, vai en contra do
espírito da Lei Orgánica de Educación (2006)
aprobada polo seu propio goberno.
E
REIVINDICAMOS:
*
Que o Ministerio de Medio Ambiente y
Rural y Marino deixe de actuar en contra da súa
responsabilidade política e das tendencias internacionaise de
toda lóxica social e ambiental (a todos os niveis e en todos
os ámbitos), asumindo e potenciando as súas
competencias reais en Educación Ambiental, tal e como se
comprometeu a asumir a través do Libro
Blanco de la Educación Ambiental en España
e de todas as convencións e acordos internacionais da súa
competencia aos que o Estado español se adheriu.
*
Que de acordo co anterior, rehabilite a
unidade de Educación Ambiental dentro do Ministerio de Medio
Ambiente y Rural y Marino, outorgándolle un maior rango
institucional e dotándoa de maiores competencias e recursos,
acordes coa relevancia e trascendencia das responsabilidades que debe
desenvolver e os procesos que debe impulsar e en función da
súa necesaria transversalidade en todas as políticas
socioambientais.
*
A continuidade e potenciación de
todos aqueles seminarios, procesos e estratexias de comunicación,
educación e participación pública (no ámbito
interautonómico e estatal) actualmente paralizados e nos que
os instrumentos sociais, resumidos conceptualmente como Educación
Ambiental, foron dinamizadores, catalizadores e elementos
definitorios.
O cumrpimento dos numerosos tratados e
convenios internacionais ratificados polo Estado que inclúen
de xeito explícito o uso das ferramentas sociais para a súa
implementación.
*
A inclusión das organizacións
e entidades de Educación Ambiental (representadas estatalmente
pola Federación de Entidades de EA) entre os axentes sociais
presentes no Consello Asesor de Medio Ambiente.
*
A convocatoria e celebración
urxente dun congreso nacional de Educación Ambiental, contando
coa participación de todos os actores das administracións
públicas do Estado (central, autonómicas e locais) e da
sociedade civil para debater, reforzar e potenciar estratexicamente
os instrumentos socioeducativos no marco das políticas de
resposta á crise ambiental e aos obxectivos de construír
unha sociedade sostible (as últimas datan de 1998).
Ver as entidades asinantes
|