|
Verdegaia ven de
presentar alegacións ao Estudio Informativo da Autovía
A-76.
Ponferrada-Ourense nas que demanda a anulación do proxecto pola
importancia das afeccións tanto cualitativas como cuantitativas que
a súa construción significaría antendendo a paisaxe, á flora, á
fauna, aos recursos hídricos e xeolóxicos e ao patrimonio cultural,
así como a insustentabilidade dun modelo que reitera a aposta polo
automóbil privado e o transporte por estrada como a opción cuase
hexemónica de transporte.
As afeccións
abranguen 4 puntos de interese xeolóxico
, 13 redes hidrográficas
,
56 especies de flora, algunhas delas de alto valor ambiental,
salientando a Petrocoptis grandiflor,
endemismo rexional
incluído na Lista Roja de la Flora Vascular Espapola con
categoría
de vulnerable e que foi a causa de que se proibira a escalada na
Serra da Lastra; 132 especies de fauna, moitas delas vulnerables ou
de interese especial(Falcón peregrino, bufo real, armiños, lontras,
lobo, aguaneira, morcegos . . ), 12 corredores biolóxicos e zonas de
especial valor de paso e de asentamento de
especies animais e 37
zonas protexidas ou de especial interese (salientar a afección a
zonas que forman parte da Rede Natura 2000) como a Zona de Especial
Proteción de Aves (ZEPA) e Lugar de Interese Comunitario (LIC) da
Serra da Enciña da Lastra ( ZEPA ES1130009, LIC ES1130009) que a
demáis conta coa figura de protección de Parque Natural, ademáis
do LIC Ancares-Courel
, LIC Río Cabe
e LIC Canón do Río Sil.
A este listado de
desfeitas ambientais que resultarían da construción desta
infraestrutura, cumpre engadir as afeccións paisaxísticas. Este
proxecto abrangue aproximadamente 133 quilómetros, o
ue fai que
pase por sitios moi diferentes entre eles, pero case
todos eles
valorados como fráxiles (en escala segundo o estudo de pouco
fráxil,
fráxil ou moi fráxil). De todas as unidades paisaxísticas
que fai o estudo (serras,
grandes vegas e tramos fluviais
encaixados), soamente “grandes vegas” queda na
clasificación
“pouco fráxil” (<2) con 1.33/ na categoría de “fráxil”
(de 2 a 3.5)
temos “serras” en cumios e zonas altas chás,
tramos fluviais encaixados en vales
interiores. Finalmente na
categoría “moi fráxil” (igual ou máis de 3.5) temos as
serras, zona de ladeira (3.6) e tramos fluviais encaixados por
desfiladeiros (3.6).
Por último, temos
que mencionar o impacto sobre bens culturais e patrimoniais dos que a
A-76 afectaría a xacementos e elementos datados desde a Idade do
Bronce ate a época contemporánea. En concreto Verdegaia identificou
132 elementos afectados.
A construción de máis infraestruturas para o tráfico rodado, só
pode supoñer un incremento deste polo denominado “efecto chamada”:
a desconxestión que supón a apertura dunha nova infraestrutura
invita ao seu uso por un número cada vez maior de usuarios que antes
optaba por outras alternativas, chegando nun horizonte de 15 anos
novamente a niveis de saturación importantes. A propia UE no seu
informe Transport 2000 recoñeciá que que a maioría dos
países europeos tiñan sobrepasado o punto no que calquera
incremento do tránsito resulta contraproducente: a
suma de efectos negativos anula os posíbeis beneficios. Así mesmo,
no Green Book of Urban
Enironment, afirma que
“unha vez construídas as infraestruturas, o tráfico aumenta até
atinxir de novo os anteriores níveis de conxestión”.
No
contexto actual de crise financeira e de elevación dos prezos do
petróleo, a construción
de grandes infraestruturas de transporte
por estrada como ésta representa, máis que nunca,
un
inxustificable desperdicio de diñeiro público coa única finalidade
dotar de negocio ás grandes empresas construtoras..
Cómpre
apostarmos en primeiro lugar por medidas que reduzan a necesidades de
desprazamento, en segundo lugar por un cambio modal cara a aqueles
modos de transporte máis sustantébeis e en terceiro lugar por
medidas de corrección e mellora das infraestruturas xa existentes.
Documento de Alegacións á A-76
|