|
Verdegaia e a Asociación VAL colocarán un posto informativo en Porriño |
|
|
|
|
Wednesday, 24 de September do 2008 |
|
Verdegaia e a Asociación VAL
(Voluntariado Ambiental da Louriña) colocarán un posto informativo
na Praza do Concello do Porriño o vindeiro sábado 27 a partir das
seis da tarde para divulgar os interesantísimos valores naturais e a
enorme cantidade de desfeitas que padece o espazo natural das
Ribeiras do Louro.
No trascurso deste acto dará comezo
unha campaña de recollida de sinaturas para exixir a axeitada
protección do LIC “Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro”
mediante a preservación dos seus valiosísimos valores naturais e
biodiversidade e co estrito cumprimento da lexislación vixente. Así
mesmo, dende Verdegaia e VAL tamén exiximos a posta inmediata en
funcionamento da EDAR de Guillarei, a recuperación da superficie
inicial de 959 Ha do LIC e a recuperación integral do espazo
natural protexido.
|