|
Participación de Verdegaia no festival Reperkusión |
|
|
|
|
Sunday, 21 de September do 2008 |
|
Este fin de semana Verdegaia tivo un posto no festival Reperkusión de Allariz. A tenda quedou preciosa e non hai queixa da venda e do reparto de Fiando Verde.
Aquí podedes ver (agachada detrás de cousas de cartón) a coordenadora xeral chapando o Plan director de estradas. Que conste que tamén o domingo estivo mirando o seu libro do currículo oculto (non diredes que non aproveita o tempo).
E tamén vedes a Penín que andaba de paseo entre os festicultores, tamén leu o xornal, xogou ó fútbol, intentou subir nun monociclo...
E María Ogando (sacando a foto) fixo unha fantástica reportaxe fotográfica do evento.
O ambiente e o sitio son marabillosos (FESTICULTURA!):
E que saibades que, por suposto, non faltou Quintana:
Non está fácil de ver, pero damos unha pista: levaba camisa branca.
|