Inicio arrow Montes arrow A FEG promove unha ciberacción no Día Mundial contra os Monocultivos de Árbores  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
A FEG promove unha ciberacción no Día Mundial contra os Monocultivos de Árbores PDF Imprimir Correo-e
Saturday, 20 de September do 2008

Con motivo da celebración, o 21 de Setembro, do Día Mundial contra os Monocultivos de Árbores, a Federación Ecoloxista Galega (FEG), da que forma parte Verdegaia, promove unha ciberacción que critica o apoio que a Xunta continúa a dar á expansión do eucalipto e solicita unha nova política forestal galega baseada na conservación da biodiversidade, na protección dos solos e na valorización dos montes.

A FEG denuncia que “o cultivo de eucalipto está a ser un factor fundamental na degradación e hipoteca do futuro dos nosos sistemas forestais. A Administración galega desenvolve unha política baseada no mantemento e promoción dos monocultivos, fundamentalmente do cultivo de eucalipto, ao servizo das industrias de transformación que monopolizan a actividade do sector forestal e impoñen un modelo de xestión insostible ambiental, social e economicamente. A forte dependencia do sector forestal desta actividade industrial está a impedir o desenvolvemento do sector, a minimizar os beneficios do monte e a causar un severo dano ambiental. As industrias, actuando de xeito monopolista, levan anos facendo caer o prezo da madeira a niveis que fan moi pouco rendible a produción, a falla de beneficios é a principal causa do abandono dos montes e da mala percepción social dos mesmos. O cultivo de eucalipto impide por outra parte calquera outro uso dos montes ou a obtención doutros produtos que non sexan os madeirables”.

“Sumado a esta política pro-monocultivos, o emprego de técnicas de traballo fortemente destrutivas durante as tarefas de plantación, tala e extracción, o uso abusivo de agrotóxicos ou a expansión invasiva das plantas de eucalipto están a ter consecuencias, nalgúns casos irreversibles sobre o medio (aumento da compactación e erosión, perda de biodiversidade, alteración de bosques protectores...)”.

Perante esta realidade, a FEG decidiu impulsar unha ciberacción, animando aos cidadáns de Galicia e doutros países a enviaren, a través dun formulario dispoñible na Internet, un escrito aos conselleiros do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, e de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, demandando unha mudanza na política forestal autonómica que deteña a degradación que sofren os montes galegos.

Ademais, a FEG promoveu a creación dun álbum de fotografías na rede onde se tornan visibles algúns dos impactos dos monocultivos na nosa terra. Calquera persoa que o desexe pode achegar fotos a este álbum enviándoas ao enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver  

Participa agora nesta ciberacción!

 

 
Activate!
Asóciate!
Fai unha doazón!
Ciberactúa!
Foro
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top