|
Verdegaia-Vigo organizou onte, 11 de setembro, a II carreira comparativa de medios de transporte pola cidade de Vigo. O percorrido foi o seguinte: Praza da Independencia - Praza elíptica - Concello - Centro Cívico do Casco Vello. E os medios utilizados foron 6: a pé, en bici, en bus, en taxi, en coche, en moto. O acto simbólico enmarcábase na Semana europea da mobilidade 16-22 de Setembro, e pretendía reabrir o debate sobre a mobilidade urbana actual, baseada fundamentalmente no vehículo privado.
Por
segundo ano consecutivo a bicicleta demostrou ser o medio máis
rápido, máis sustentable, máis económico e máis sano,
revelándose como a
mellor forma de movernos pola cidade, e desafiando toda opinión que
considera arriscado moverse en bici por Vigo.
En
cuestións de tempo seguíu na 2ª posición a moto, 3º) taxi, 4º)
a pé, 5º)bus, 6º) coche.
A
moto gañou en tempo, ao taxi e á persoa andando, pero ésta gañou
en cuestión de emisións de CO2, de ruidos, de saúde, de
accesibilidade aos distintos lugares, e de cartos (custo da gasolina
e compra/mantemento da moto).
O
taxi manifestouse un medio moi custoso para moverse pola cidade (13
euros nun percorrido de 7Km), ademáis tamén das emisións, do ruido
e a ocupación espacial.
O
bus saíu malparado polo trazado do percorrido, que non lle era
favorable, e pola mala conexión, en transporte público, de moitas
zonas da cidade.
O
coche, tan laureado pola sociedade e considerado popularmente o medio
máis rápido, quedou de último e fixo o dobre de tempo ca bici,
contaminou máis que ningún, fixo ruido, perdeu tempo en atascos,
ocupou espacio e tivo que aparcar no parking por falta de espacio
libre entre tanto coche. Esto supuxo uns costes importantes entre
gasoliña, tickets zona azul e parking (obviando xa, a compra e
mantenemento do coche).
Conclusión:
Para que a mobilidade
urbana sexa sustentábel, ten que fomertar os desprazamentos a pé e
en bici, en distancias medias (que son a maior parte dos
desprazamentos urbanos), xa que os seus impactos ambientais e sociais
(emisións, ocupación de espacio, accidentalidade, etc) son nulos,
ademáis de beneficiosos para a saúde física e mental das persoas
que o practican. Ha de fomentarse tamén o transporte público de
calidade, ben conectado (con estacións intermodais), e con máis
carris bus-VAO, pensando tamén noutros medios diferentes como tren
de cercanías, tranvías, etc.
Polo contrario, o uso de automóvil
privado ten que desincentivarse radicalmente, ao contrario do que
fan as actuais políticas públicas de mobilidade urbana,
obsesionadas con dotar de facilidades ao coche (construcción de
estradas e aparcadoiros), esquecendo a importante relación directa
entre o transporte e o modelo de cidade e esquecendo tamén outras
formas alternativas máis eficaces e eficientes para moverse, como se
demostrou onte en Vigo.
|