Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2007
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Fiando Verde
Revista Cos Pés na Terra
isap
logo ra
galizanonsevende
bicis
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
RA! - Rede Anticapitalista Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
ecotv
transforma
Verdegaia solicita que se tomen medidas para garantir a conservación do río Fondón en Redondela PDF Imprimir Correo-e
Martes, 19 de Agosto do 2008

Verdegaia vén de solicitar, mediante a presentación dun escrito á Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Redondela, que se tomen as medidas pertinentes para garantir a adecuada conservación dos valores naturais que alberga o redondelano río Fondón, curso fluvial que alberga unha enorme e valiosa biodiversidade ó mesmo tempo que sofre múltiples e diferentes impactos debidos á presión antrópica. 

O río Fondón, que discorre polo Concello de Redondela, nace nas brañas de Chan de Hermide preto do monte do Vixiador, descende pola ladeira norte do mesmo e discorre pola parroquia de Trasmañó ate desembocar na praia de Cubillo, Chapela. Caracterízase por posuír unha grande riqueza natural xa que nel aparecen especies de elevado valor ecolóxico como a saramaganta (Chioglossa lusitanica), especie endémica de anfibio incluída no Anexo II da Directiva 92/43/CEE, Directiva Hábitats, ou un grande número de especies de fentos do xénero Dryopteris que están aínda sen identificar. Dentro deste grupo botánico hai algunhas incluídas no Libro Vermello da Flora Vascular Ameazada de España (como é o caso de Dryopteris aemula ou Dryopteris guanchica).

Ademais, o río posúe un elevado valor etnográfico debido á grande cantidade de muíños que posúe ó longo do seu curso, e que na maioría dos casos se atopan nun estado lamentábel.

Aínda así e desafortunadamente, o Fondón sufre múltiples e diferentes impactos debidos á acción do home como é o caso da realización de desbroces desproporcionados coa finalidade de anchear os camiños que discorren pola beira do río causando un grande impacto na vexetación de ribeira co agravante de que o resto deses desbroces bótanse ó leito do río; esto dificulta o paso das augas que en certos puntos poden producir un lavado do terreo fértil e incluso a caída de taludes.

Tamén cómpre comentar que o río Fondón discorre por zonas de explotación forestal, tanto de piñeiro do país (Pinus pinaster) coma de Eucalipto (Eucaliptus globulus) nas que se aprecia como estas especies invaden o leito do río e nas que as cortas das árbores téñense feito empregando maquinaria pesada moi preto da ribeira, ás veces sobre o mesmo curso fluvial.

Ademais, o río posúe moitas levadas de auga irregulares e/ou ilegais que nalgúns dos casos son meras canalizacións feitas dun modo anárquico, algunhas con tuberías, plásticos, gaiolas a modo de filtro,... En certos momentos do ano estas levadas chegan a restar máis do 50% do cauce do río a parte de non posuír un filtro especifico para que os alevíns dos peixes non vaian pola levada.

Tamén é importante citar que o Fondón está, nalgúns dos seus treitos, moi sucio debido á grande cantidade de Residuos Sólidos Urbanos (R.S.U.) que ten nas súas beiras, residuos procedentes de verquidos feitos directamente ó río e incluso de vertedoiros ilegais que aparecen nalgunhas ladeiras. Dentro deste punto chama a atención que nun dos sendeiros que atravesa o río, estase a facer unha pista con terra mesturada con R.S.U. e que parte destes materiais xa foron arrastrados polo río.

Dende Verdegaia solicitamos:

  • Que o Concello de Redondela valore e faga todo o posible para conservar a elevada riqueza natural que posúe o río Fondón.

  • Que se leve a cabo a recuperación dos muiños tradicionais do río Fondón

  • Que se manteñan abertos os camiños que discorren pola ribeira do río mais que os desbroces que se realicen nas beiras do río sexan levados a cabo tendo en conta o elevado valor ambiental que posúen as comunidades vexetais do río Fondón, constituíndo unha grave irresponsabilidade calquera tipo de desbroce que poña en perigo a súa supervivencia e calquera .

  • Que non se vercan os restos dos desbroces no río nin nas súas beiras.

  • Que se cumpla a lexislación vixente no tocante ás explotacións forestais existentes no río Fondón respetando as ribeiras fluviais e sen empregar maquinaria pesada no leito do río.

  • Que se cumpla a lexislación vixente en todas e cada unha das levadas de auga que hai no río.

  • Que se realicen limpezas periódicas de R.S.U. no río e na súa ribeira.

  • Que se retiren os R.S.U. dos camiños que transcorren polo río Fondón.

 

 
Advertisement
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
vaideroteiros
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
10 preguntas
economia_carbono
trafego
exposicion
Próximos eventos
Curso de verán "Cultura e paisaxe"
Xullo 7 - 10, 2009

Aniversario do Accidente de Seveso
Xullo 10, 2009
En datas recentes
Día do Sol
Xuño 21, 2009

Ver calendario completo
Sindicación
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top