Inicio arrow Novas de Verdegaia-Ourense arrow Concentración para denunciar as actuacións do Concello de Ourense en materia ambiental  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Concentración para denunciar as actuacións do Concello de Ourense en materia ambiental PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 de Xullo do 2006
cheminea.jpgO Núcleo Comarcal de Verdegaia en Ourense realizou o pasado venres 30 de xuño unha concentración na Praza das Chimeneas para denunciar o desleixo ambiental do Concello de Ourense personificado nesta praza, exemplo de aberración urbanística e desprezo pola veciñanza
O Concello de Ourense ten como obxectivo principal a eliminación de espazos verdes e a súa substitución por zonas pavimentadas a base de cemento e granito que eliminan destes espazos a súa función principal, lugares de lecer e esparcemento, que cada ano vense máis reducidos .

Temos varios exemplos do que ven acontecendo en Ourense nos últimos anos: o Xardín do Posío, o Parque das Mercedes, o parque Barbaña, lugares que ofrecían á cidade un anaco de saúde, no medio do incesante tráfico e os infinitos quilómetros de asfalto.

Agora tócalle a Mariñamansa, onde a estética e o modernismo converteron unha zona verde nunha praza dominada por dúas chemineas de dimensións desproporcionadas, que segundo este concello serán o “atractivo turístico” por excelencia desta cidade, só comparables ás que existen no Centro Pompodou de París. Sen mencionar que serán as canles de extracción das emisións procedentes do aparcadoiro que será construído na planta baixa xunto co establecemento de Mercadona.

img_0186.jpgNon vai pasar moito tempo ate que volvamos a atopar situacións semellantes, polo que Verdegaia esixelle á administración municipal que Ourense sexa un “Sistema vivo”, ordenado e construído en base aos principios de sustentabilidade, tal e como asumiu este Concello na sinatura da Carta de Aalborg, tamén chamada “Carta das Cidades Europeas cara a sustentabilidade”, que recolle na súa Parte I:

Nós, as cidades, comprendemos que o concepto de desenvolvemento sustentable (....)implica ademais o mantemento da diversidade biolóxica, a saúde humana, a calidade do aire, da auga e do solo a uns niveis que sexan suficientes para preservar para sempre a vida e o benestar da humanidade, así como tamén da flora e da fauna.

Le o manifesto:

manifesto.pdf manifesto.pdf (118.44 KB) 

 
Verdegaia - Ourense
Novas de Verdegaia-Ourense
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top