Inicio arrow Blog arrow Verdegaia desenvolve actos en defensa da costa en Ribeira e Corrubedo  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Verdegaia desenvolve actos en defensa da costa en Ribeira e Corrubedo PDF Imprimir Correo-e
Luns, 28 de Xullo do 2008

15-capitan-e-outro.jpgSeguindo co acompañamento realizado ao barco de Ecologistas en Acción "Diosa Maat", na súa visita á costa galega, o 26 de Xullo membros de Verdegaia percorreron no barco o traxecto entre Ribeira e Corrubedo, onde a Comisión Coordenadora Xeral de Verdegaia recibiu ao barco, xunto coa Plataforma Ambiental de Corrubedo e Altofalante, acto enmarcado na campaña de presentación do Informe Bandeiras Negras. O domingo, con motivo da Festa do Percebe en Aguiño, a asociación Sagres -agrupación veciñal nacida para facer fronte á macrodepuradora en Aguiño- convidounos a poñer unha mesa informativa. Alí estivemos, compartindo con eles o espazo e o tempo, e apoiando a súa oposición ao proxecto de depuradora en Penisqueira. 

p1010162.jpgCon estes actos Verdegaia pretende, en primeiro lugar, prestar o seu apoio ás asociacións locais Plataforma Ambiental de Corrubedo e Altofalante, opostas á aprobación da construción dunha piscifatoría, nomeada da Laxe Brava, dentro do Plano Galego de Parques de Teconoloxía Alimentaria, na zona do Corgo (Teira-Parroquia de Corrubedo-Concello de Ribeira), e mais á Asociación Sagres, constituída para se opor á construción da EDAR de Ribeira na zona de Penisqueira-Couso en Aguiño. Ambos os dous son enclaves de alto valor ambiental e riqueza pesqueira e marisqueira. Esta é a primeira actividade desenvolvida dende a nosa Representación Local en Ribeira.

En segundo lugar, Verdegaia quere facer unha denuncia pública das políticas desenvolvidas pola Xunta de Galiza no litoral galego, na meirande parte dos casos cun grandísimo impacto ambiental e facendo oídos xordos da oposición social a eses proxectos.

Podes coñecer máis polo miudo  estas problematicas nas páxinas das distintas asociacións:

Plataforma Ambiental de Corrubedo

Asociacion Sagres

 Máis información dende Verdegaia:

LIC de Corrubedo: cando se planifica en función dos intereses das grandes empresas.

A revisión do Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria, unha nova cortina de fume? 

Atrasos inxustificados na elaboración do Plano de Ordenación do Litoral 

 

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top