Inicio arrow Urbanismo e territorio arrow A Campaña Bandeiras Negras 2008 iniciarase na Ría de Vigo  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
RA! - Rede Anticapitalista Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
A Campaña Bandeiras Negras 2008 iniciarase na Ría de Vigo PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 19 de Xullo do 2008

1809019749_1f5bace352.jpgCoa chegada do veleiro Deusa Maat a Vigo, o próximo 23 de xullo, Ecoloxistas en Acción, Verdegaia e a rede “A Ría Non  se Vende” presentarán o informe “Bandeiras Negras 2008” sobre a alarmante situación dos ecosistemas litorais do Estado español, e concederán Bandeiras negras e Puntos Negros ás zonas máis agredidas do litoral vigués. 

Este verán o veleiro Deusa Maat da confederación Ecoloxistas en Acción diríxese ao917218090_eafbde8001_m.jpg Mar Cantábrico para realizar unha análise da situación dos ecosistemas costeiros e mariños da zona e, ver como o estado destes inflúe sobre a economía e modos de vida das diferentes localidades costeiras, seleccionando algunhas das máis representativas para obter esta análise. O Deusa Maat conta con científicos mariños entre a súa tripulación que relacionarán os datos públicos dispoñibles cos datos obtidos coa instrumentación que conta o veleiro.

Ecoloxistas en Acción, a asociación ecopacifista galega Verdegaia e a rede “A Ría Non se Vende”, convocarán o mércores 23 de xullo, ás 11:00 horas, unha rolda de prensa no Porto de Vigo para dar comezo á campaña “Bandeiras Negras 2008”. Darase a coñecer en detalle a realidade do litoral español, galego e vigués.

banderas_negras.jpg Durante todo o día os colectivos ecoloxistas, veciñais e sociais colocarán Bandeiras Negras e Puntos Negros en diferentes praias e zonas litorais da Ría de Vigo ameazadas fundamentalmente pola especulación urbanística desmesurada, a ampliación de infraestruturas como o porto de Vigo e os portos deportivos, a escasa e inadecuada depuración das augas residuais, verteduras industriais, así como os recheos. Convócase a todas as persoas interesadas a participar nestas accións de denuncia. Tamén se pode visitar o veleiro Deusa Maat, durante o seu amarre en Vigo e en Cangas. Así mesmo haberá unha exposición e xogos didácticos.

O modelo de xestión do litoral galego pon en perigo o mantemento dos ecosistemas costeiros e os recursos que estes nos ofrecen. Á costa galega foi trasladado o modelo turístico de ocupación costeira cuxos efectos negativos xa foron comprobados no litoral mediterráneo. Nas últimas décadas desenvolveuse unha ocupación exponencial, con proxectos como construír 800.000 novas vivendas en Galicia ou de plantas de piscifactoría en espazos protexidos como a que está previsto en Corrubedo.

velero.jpg

No informe Bandeiras Negras 2008 presentaranse os puntos máis ameazados polo urbanismo, as infraestruturas e a contaminación, entre os de Galicia predominan o Plan de Ampliación do Porto de Vigo, Plan Director das Instalacións Náutico Deportivas de Galicia, os Plans Xerais de Ordenación Municipal e o Plan de Acuicultura.

Por outra banda, as verteduras urbanas e industriais xeraron zonas con altos niveis de substancias contaminantes que destruíron totalmente ecosistemas mariños, que no caso de Vigo están afectando ás actividades marisqueiras. O intenso tráfico marítimo, sen un control rigoroso, especialmente nas costas galegas, propiciou a existencia dun bo número de accidentes marítimos con importantes verteduras tanto de hidrocarburos como de sustancias químicas perigosas. Ademais, existen verteduras menos rechamantes pero que xeran unha contaminación crónica derivada da limpeza das sentinas dos barcos en alta mar. Finalmente, a sobreexplotación dos caladoiros levounos ata o esgotamento.


- Máis Fotos do veleiro Deusa Maat 

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top