Inicio arrow Biodiversidade arrow O LIC de Corrubedo: cando se planifica en función dos intereses das grandes empresas.  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
O LIC de Corrubedo: cando se planifica en función dos intereses das grandes empresas. PDF Imprimir Correo-e
Venres, 30 de Xuño do 2006

O Lugar de Interese Comunitario (LIC) “Complexo Húmido de Corrubedo”, incluído na Rede Natura, abrangue dende o Castro de Baroña (Porto do Son) ate a Illa de Sálvora (Ribeira). Dentro deste LIC está un dos seis Parques Naturais galegos, o Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carrexal e Vixán. En total son perto de 10.000 ha., agás 480 ha dende Punta Corgo ate Punta do Cantón, situadas prácticamente no centro do LIC.

corrubedo.jpgNese lugar é onde Stolt Sea Farms quere instalar unha nova macropiscifactoría de cría de rodaballo de 350.000 m2. Eis a planificación dos espazos protexidos: non se fai en función do que se quere protexer, senón dos que se quere construir.

Só así se entende esta incongruencia na definición dun espazo natural. A Punta do Corgo ten as mesmas cualidades ambientais que o resto do LIC pero ficou sen ningunha figura de protección na tramitación realizada pola anterior administración. Agora sabemos porqué: Unha vez máis un espazo protexido vese ameazado pola implantación dunha macropiscifactoría

As piscifactorías teñen un un importante impacto ambiental sobre o seu entorno, maior canto máis grande. Este impacto ambiental afecta á ocupación do territorio cun importante impacto paisaxístico e de afección directa ao litoral, unha elevada contaminación coa liberación de efluentes con alto contido en materia orgánica, patóxenos de peixes e substancias fitosanitarias como os antibióticos e a liberación involuntaria de individuos ao medio natural, que poden introducir enfermedades.

Neste caso o impacto é tanto máis importante cuanto a ubicación da piscifactoría estaría no medio do LIC e á beira de ecosistemas extraordinariamente fraxiles como son esteiros, complexos dunares e lagoas costeiras.

Verdegaia demanda á Xunta que paralice a tramitación de todas os proxectos de piscifactorías até que non se aprobe a revisión do Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria, e que elabore planos que garantan a conservació dos espazos da Rede Natura 2000 e ao mesmo tempo favorezan o desenvolvemento sustentábel nesas áreas, promovendo a calidade de vida das poboacións afectadas.

As macropiscifactorías non son a solución para os problemas da pesca nin de emprego na costa. Fomentan a pesca masiva de especies de pouco valor comercial (pero alto valor ecolóxico no complexo ecosistema marítimo) para fornecer de fariñas de peixe ás piscifactorías e destrúen emprego na pesca artesanal sen substituilo por outros postos de traballo.

Cómpre apostar pola recuperación dos caladoiros, o apoio á pesca artesanal sustentábel e a redución do sobreconsumo de peixe nos países máis desenvolvidos. A acuicultura pode ser un complemento pero sempre en instalacións pequenas, respectuosas co medio natural e baseadas en parámetros semellantes aos da agricultura e gandeiría ecolóxicas.

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top