Inicio arrow Blog arrow O selado das explotacións mineiras lévase a cabo sen realizar ningún tipo de estudo ou avaliación  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
O selado das explotacións mineiras lévase a cabo sen realizar ningún tipo de estudo ou avaliación PDF Imprimir Correo-e
Venres, 04 de Xullo do 2008

Verdegaia denuncia o selado de antigas explotacións mineiras abandoadas por parte da Consellería de Innovación e Industria sen a realización de ningún tipo de Estudo de Avaliación de Impacto Ambiental xa que estas minas constitúen o hábitat de diversas especies de morcegos, algunhas delas incluídas dentro do Anexo II da Directiva 92/43/CEE, Directiva Hábitats. Estas actuacións destrúen o lugar onde habitan estes seres vivos e poden chegar a selarse con quirópteros dentro.

O tapiado destas instalacións mineiras realízase sen ter en conta ningún tipo de criterio ambiental e só contempla que a seguridade cidadá estea garantida, feito que pode ser compatible coa conservación destes ambientes se se intalan reixas, valados, ou calquera dispositivo que permita o acceso dos morcegos ó interior das minas e que non permita que ningunha persoa ou animal poda caer no seu interior.

Así mesmo, dende Verdegaia solicitamos por escrito ás Consellarías de Innovación e Industria, e Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible que someta estas actuacións a un proceso de participación pública no que sexa posible realizar achegas e alegacións a estos proxectos, e que estes traballos conten cun Estudo de Avaliación de Impacto Ambiental para así paliar os efectos negativos que poden causar estas obras nas poboacións de quirópteros que habitan nestes lugares.

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top