|
Verdegaia pide ampliar o LIC das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro |
|
|
|
|
Luns, 16 de Xuño do 2008 |
|
Verdegaia acaba de apresentar perante a Consellaría do Ambiente unha proposta de ampliación do LIC das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro. Alarmados
pola redución da superficie do LIC nun 25% desde o ano 1999, pola degradación
sufrida na maioría dos Hábitats de Interese Comunitario -fundamentalmente
aterramentos de turbeiras, lagoas e bosques de ribeira- e polas planificacións
urbanísticas municipais que prevén a eliminación de máis bosques de ribeira e
gándaras, a creación de novas áreas industriais ao carón do Camiño Portugués e
o aterramento de parte da lagoa de Budiño para permitir o crecemento do
polígono industrial das Gándaras; a nosa asociación co apoio da AHE (Asociación
Herpetolóxica Española) redactou un documento no que sinala que a superficie
mínima a facer parte da Rede Natura para garantir o futuro deste espazo
natural é de 872 hectares (actualmente son 727) sempre e cando a Consellaría
comece a xestionar o LIC.
Verdegaia
quer lembrar que a UE está a esixir a Galiza, a través do Estado español, a
inclusión na Rede Natura de hábitats turbosos e gándaras existentes no espazo
natural que a propia Consellaría e o Ministerio do Ambiente decidiron excluír
do LIC no ano 2004 para o beneficio de especuladores da bisbarra. Por isto, e
para evitarmos a desaparición dunha das zona húmidas máis importantes do País,
confiamos en que por primeira vez a Consellaría sexa sensíbel á necesidade de
protección das Gándaras de Budiño e das Ribeiras do Louro e inclúa a nosa
proposta na vindeira ampliación da Rede Natura galega.
Anexo:
VARIACIÓN DA SUPERFICIE DO LIC (Lugar de Importancia
Comunitaria)
|
ANO
|
SUPERFICIE INCLUÍDA NO LIC
|
NORMATIVA AUTONÓMICA
|
DATA PUBLICACIÓN
OFICIAL
(DOG)
|
|
1.999
|
958 ha
|
Orde de 28 de Outubro
|
9 de Novembro de 1999
|
|
2.001
|
834 ha
|
Orde de 7 de Xuño de 2001
|
19 de Xuño de 2001
|
|
2.004
|
727 ha
|
Decreto 72/2004 de 2 de Abril
|
19 de Maio de 2004
|
|