|
Actos vandálicos no Punto de Información Ambiental das Ribeiras do Louro |
|
|
|
|
Martes, 10 de Xuño do 2008 |
|
Verdegaia vén de denunciar ante a Delegación Provincial de Pontevedra da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible que o pasado sábado día 7 de xuño apareceu forzada a porta do Punto de Información Ambiental das Ribeiras do Louro situado a carón dos observatorios de aves da Lagoa de Orbenlle, O Porriño. Esta porta recibiu tais golpes que as dúas pechaduras e o rodapé da mesma romperon mais, afortunadamente, os autores destes feitos non foron quen de aceder ao PIA.
Asimesmo, desde
Verdegaia solicitamos a esta administración que se sancione aos
responsabeis e que se arranxe a citada porta.
Xa durante a tarde do día 7, membros de Verdegaia mantiveron unha conversa telefónica
con persoal desta Delegación Provincial para lles dar conta do
acontecido e para que a porta fose arranxada e un carpinteiro
procedeu a apuntalala ese mesmo día para evitar que se pudiera
acceder ao interior do PIA.
Actualmente, estanse
a facer as xestións oportunas para que a porta fique arranxada
esta semana e o Punto de Información Ambiental poda
abrir as súas portas aos visitantes o vindeiro sábado
pola mañá, como se vén facendo dende xaneiro
deste ano.
Nos próximos días
e tras recibir a taxación dos danos que realizará a
citada administración, apresentarase unha denuncia no cuartel
da Garda Civil do Porriño.
|