|
Apoio ao Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol |
|
|
|
|
Xoves, 05 de Xuño do 2008 |
|
Verdegaia
solidarízase e convida á cidadania a apoiar o peche que membros
do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol inciarion o dia 3
de Xuño na Casa do Concello de Ferrol; o CCE demanda que a
Corporación municipal se posicione en contra da Planta de Gas e na
defensa da Ría e da vida dos seus habitantes. De igual modo, Verdegaia
chama a participar na manifestación convocada para Domingo 8 de Xuño
ás 12:00 h. no peirao de Curuxeiras de Ferrol para expresar
publicamente a oposición ás novas ameazas de Reganosa como a voadura da
canle de entrada da Ría, a ampliación da capacidade de regasificación e
o transporte de GNL en camións cisterna.
|