Inicio arrow Blog arrow Dirixente labrega paraguaia informará en Galiza sobre os impactos dos cultivos de soia no seu país  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Dirixente labrega paraguaia informará en Galiza sobre os impactos dos cultivos de soia no seu país PDF Imprimir Correo-e
Martes, 03 de Xuño do 2008

A dirixente labrega Gilda Roa, coa colaboración da Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos (alianza integrada por Amarante, Sindicato Labrego Galego, Verdegaia e Veterinarios Sen Fronteiras), estará en Galiza do 4 ao 6 de Xuño informando sobre os impactos ambientais e sociais dos monocultivos de soia transxénica no Paraguai, que teñen como destino a exportación para a elaboración de agrocombustíbeis e pensos para gandaría industrial. Gilda Roa estará acompañada pola investigadora Nina Holland e a antropóloga An Maeyens. 

A ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) organiza a visita a Galiza da dirixente labrega paraguaia Gilda Roa (MAP), acompañada da investigadora Nina Holland (CEO) e a antropóloga An Maeyens (A SEED Europe), dentro da xira europea "A soia mata".

Os monocultivos de soia transxénica teñen relación directa con fenómenos como a crise alimentar global e polémicas como a relacionada coa produción de agrocombustíbeis, que se atopan nestes momentos no centro da actualidade.

Gilda Roa, dirixente do MAP (Movimiento Agrario y Popular) viaxou a Europa para participar no evento Planet Diversity, en Bonn, paralelo á Convención da ONU sobre Diversidade Biolóxica, convidada por CEO (Corporate Europe Observatory) e A SEED Europe (Action for Solidarity, Environment, Equality and Diversity). A visita de Gilda Roa foi aproveitada por estas dúas organizacións para facer unha xira europea da campaña internacional "A soia mata".

Calendario da xira en Galiza:

  • Mércores 4 de Xuño

   - 20:00 horas. Charla. Sala de Xuntas da Faculdade de Veterinaria (Lugo)

  • Xoves 5 de Xuño

   - 10:30 horas. Almorzo coa prensa. CIP (Avenida da Coruña 6, Baixo), Compostela

   - 19:15 horas. Charla. Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena 202-204 1º), Ferrol

Venres 6 de Xuño o 20:00 horas. Charla. CSA A Cova dos Ratos (Rúa Romil 3 Baixo), Vigo

As charlas serán acompañadas de proxeccións de curtametraxes nas que se recolle a situación que vive o rural paraguaio.

Gilda Roa fai parte da Dirección Nacional do MAP (Movimiento Agrario y Popular), organización paraguaia que traballa na defensa das comunidades labregas que moran na fronteira agrícola da soia transxénica.

Nina Holland é investigadora do CEO (Corporate Europe Observatory), organización con base en Amsterdam dedicada á investigación e realización de campañas sobre as ameazas á democracia, equidade, xustiza social e ambiente por parte das empresas e os seus lobbies. Un dos ámbitos de investigación de Nina Holland é o da política europea sobre agrocombustíbeis.

An Maeyens é antropóloga e membro da rede A SEED Europe (Action for Solidarity, Environment, Equality and Diversity) con sede en Amsterdam. An Maeyens ten estudado a situación das poboacións labregas paraguaias.

 

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top