Inicio arrow Biodiversidade arrow Verdegaia solicita a protección da Cova do Eixe en Seoane do Courel  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Verdegaia solicita a protección da Cova do Eixe en Seoane do Courel PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 31 de Maio do 2008

Verdegaia vén de solicitar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel a protección da Cova do Eixe, situada no municipio lucense de Seoane do Courel, en plena Serra do Courel. 

Os motivos que sosteñen esta solicitude baséanse na existencia de poboacións de catro especies de microendemismos de artrópodos, dous pseudoescorpións e dous coleópteros, nesa cavidade.

Concretamente, estas especies endémicas son os dous microendemismos de pseudoescorpións cavernícolas Roncocreagris lucensis e Roncocreagris salgadoi descubertos e descritos na Revista Ibérica de Aracnología: Vol. 5, 31-VII- 2002 polo entomólogo Juan A. Zaragoza, e dous microendemismos de coleópteros, Galaicodytes caurelensis e Domene caurelensis, descritos polo entomólogo José María Salgado.

A presenza destas catro especies animais na Cova do Eixe confírelle a este lugar un elevado valor ambiental, feito que require das medidas de protección e conservación necesarias.

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top