Inicio arrow Verdegaia - Ourense arrow Verdegaia contra a I Ruta de Turismo 4x4 de Nogueira de Ramuín  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Verdegaia contra a I Ruta de Turismo 4x4 de Nogueira de Ramuín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 de Maio do 2008

“O próximo día 17 de Maio celebrarase unha Ruta de Turismo en 4x4 que transcorrirá polo concello de Nogueira de Ramuín. Trátase dunha travesía para vehículos todo-terreo non competitiva de carácter lúdico-turístico no máis estricto respeto á natureza e cara aos demais usuarios dos nosos montes.” Este é o anuncio tirado da páxina web do Concello de Nogueira de Ramuín no que se anunciaba a I Ruta de Turismo 4x4.

Como se pode comprobar, a filosofía é que é respectuosa coa natureza e cara aos demais usuarios dos montes.

Verdegaia xa se ten manifestado moitas veces en contra deste tipo de lecer, xa que o feito de meter un monte de coches en xeral e especialmente os 4x4 no monte, non pode ser en ningún momento respectuoso cos outros usuarios e especialmente cos seus habitantes (todo tipo de animais, paseantes, ciclistas...).

Hai pouco, Verdegaia publicou unha tradución do estudo sobre os 4x4 en especial, pero sobre o emprego dos vehículos privados en xeral, de Ecologistas en Acción. Nel a conclusión é rotunda: os 4x4 son os coches máis destrutivos, agresivos e contaminantes para a natureza, para o resto dos usuarios e, sobre todo, para todo tipo de animal non humano.

Pretender que un feixe de 4x4 andando polo medio do monte, aínda que sexa por pistas forestais e camiños, pode ser respectuoso é burlarse da intelixencia humana e do sentido común.

En primeiro lugar, a propia tipoloxía dos 4x4 fai que o seu paso por certos lugares teña como consecuencia primeira a total degradación do lugar (os camiños, especialmente se chove algo), xa que as súas rodas destrozan o calcado do camiño alá por onde pasan, tanto pola súa forma como polo peso do vehículo.

En segundo lugar, todos os vehículos de motor provocan contaminación acústica, pero no caso dos 4x4, debido á potencia dos motores,  aquela é maior.

En terceiro lugar, o destrozo do seu paso afecta ás persoas que van ó monte para traballar as súas terras (tractores, en burro, andando...) e tamén á xente que vai pasear ou andar en bicicleta sen molestar a  ninguén e, por suposto, sen xerar ruído e contaminación, xa que andar cunha bicicleta ou andar por un camiño despois do paso dos 4x4 se fai bastante complicado e ó mesmo tempo que eles, completamente imposible.

En cuarto lugar, o gasto de combustible e a contaminación atmosférica é brutal, xa que non é un paseo normal, senón unha demostración de potencia das máquinas que salvan desniveis e son capaces de subir pendentes moi pronunciadas. Calquera persoa que saiba algo de coches sabe que nestas circunstancias é cando máis combustible queima un coche, co consecuente gasto e contaminación.

En quinto lugar, o simple paso dun grupo de persoas fai que os animais marchen momentaneamente, pero o paso de decenas de 4x4 supón un estrés brutal para un animal.

En resumo: non hai nada de respectuoso cara á natureza nin cara a ningún tipo de usuario nin habitante neste tipo de actividades.

Verdegaia reclama que non se fagan este tipo de prácticas en nome do turismo e do deporte e, sobre todo, que se se fan non se intente vendelas como respectuosas ó medio ambiente. Os camiños son de todo o mundo por definición e hai moitos usuarios que non os destrozan nin molestan no seu paso. Este tipo de actividades, caso de facerse, deben ter un circuíto pechado e illado para non molestar ó resto da xente que viva na zona nin ós animais das zonas forestais.

 
Verdegaia - Ourense
Novas de Verdegaia-Ourense
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top