|
Verdegaia alega contra o uso do praguicida flufenoxuron nos montes de NORFOR-ENCE |
|
|
|
|
Venres, 09 de Maio do 2008 |
|
O flufenoxuron é un pesticida que
se emprega en Galicia nas plantacións de eucalipto para combater a praga do
escarabello Gonipterus scutellatus, como complemento da loita biolóxica
coa vespa Anaphes nitens. O sistema de certificación forestal FSC
(Forest Stewardship Council) vén de prohibir o seu uso, ao consideralo
altamente perigoso. A empresa NORFOR, pertencente ao Grupo ENCE, pretende obter
unha derrogación temporal da prohibición de flufenoxuron nos montes
certificados baixo o selo FSC que xestiona.
Verdegaia presentou alegacións contra a derrogación temporal
solicitada por NORFOR, ao considerar que non é xusficable. O uso do
flufenoxuron está autorizado no Estado español e é usado por propietarios
forestais como NORFOR, mais trátase dun
pesticida non permitido nos montes certificados baixo o selo FSC. Por iso,
NORFOR -que obtivo a certificación FSC para os montes que xestiona, o que
motivou a queixa de diversas organizacións, entre elas Verdegaia- solicitou
unha derrogación parcial. Verdegaia contestou esta solicitude e propuxo como
alternativas ao uso do flufenoxuron a eliminación dos eucaliptais nas zonas
máis afectadas pola praga do Gonipterus e o uso do bio-insectida azidaractin.
Máis información:
Comentarios Verdegaia solicitude derrogacion flufenoxuron norfor
|