Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Domingo 11 de maio: Roteiro de inspección dos colectores do río Louro no Porriño PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 08 de Maio do 2008

Verdegaia e VAL (Voluntariado Ambiental da Louriña) organizan o vindeiro domingo 11 de maio un roteiro de inspección dos colectores que verquen ilegalmente ó río Louro no Porriño. O obxectivo da actividade é realizar un mapa dos colectores polos que se realizan verquidos ilegais a este curso fluvial para posteriormente denunciar estes feitos antes as autoridades pertinentes. Ademais, aproveitaremos a realización deste roteiro para reclamar, unha vez máis, que a EDAR de Tui comece a funcionar para solucionar o grave problema de calidade da auga que padece o Louro, un dos ríos máis contaminados de Galicia. 

Sairase da Estación da autobuses de Vigo ás 10:00 h. para chegar ás 11:00 h. ó aparcadorio da Lagoa de Orbenlle e aí comezar a camiñar.

O itinerario previsto é o seguinte: aparcadorio da Lagoa de Orbenlle, treito do río Louro entre a lagoa de Orbenlle e O Porriño, O Porriño.

  • A dificultade é media co inconvinte de camiñar a carón do río sen contar con bos camiños nalgúns treitos do roteiro.
  • O roteiro durará toda a mañá e descorrerá a carón do río Louro polo que cómpre levar calzado e roupa axeitados, e prismáticos se se dispón deles. Ademais, é aberto e gratuito para todas e todos.
  • Esta actividade organízase en transporte público colectivo e para chegar á estación de autobuses pódese coller a liña C4C do autobús urbano, para non empregar o vehículo privado e así non contribuír ao avanzo do cambio climático.

 

Máis información:

Diego Rodríguez Vieites, Vicesecretario Xeral e Responsábel da Área de Biodiversidade de Verdegaia (670 784 919)
medioambienteval.nireblog.com

 

Comentarios


Escribe o teu comentario
  • Por favor mantén a túa mensaxe dentro do tema da nova.
  • Eliminaranse os insultos e os ataques persoais.
  • Introduce o código de seguridade antes de enviar o comentario
Nome:
Correo-e
Inicio
Título:
BBCode:Web AddressEmail AddressBold TextItalic TextUnderlined TextQuoteCodeOpen ListList ItemClose List
Comentario:



Código:* Code

Powered by AkoComment!

 
   Home  Print  @ Contact Top