|
O informe “Salvando Obstáculos: pasos para mellorar os salarios e condicións de traballo na industria mundial de artigos deportivos”, que elaborou a Campaña Xoga Limpo 2008, baseado en entrevistas a mais de 300 traballadores e traballadoras da industria de artigos deportivos en China, India, Tailandia e Indonesia, mostra que as violacións de dereitos dos traballadores/as segue sendo a regra no sector, no que os beneficios de marcas como Adidas, patrocinador oficial dos Xogos Olímpicos de Pekín e Londres, non paran de medrar.
Por
este motivo Amarante
e Verdegaia,
que forman parte da campaña XOGA LIMPO 2008 en Galicia, farán
un chamamento
por unhas Olimpíadas Limpas. Coa pancarta "Beijing 08 Olimpiadas Limpas. Non á explotación
laboral", o facho olímpico limpo percorrerá as cidades
de Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense onde activistas e deportistas
farán un chamamento sobre as condicións de explotación
que viven miles de persoas que cosen para as marcas deportivas,
incluíndo o Comité Olímpico Español e Comité
Olímpico Internacional.
Así, ás 12:00 da mañá do sábado 10,
o facho fará varios percorridos simbólicos nas
seguintes cidades:
Santiago:
Saída: Praza do Obradoiro- Rúa do Franco-Praza do
Toural-Praza de Galicia- Doutor Teixeiro-República do
Salvador-Praza Roxa.
Pontevedra:
Saída
García de la Riega, Real, Curros Enriquez, Soportais
Ferreiria, Praza Peregrina, Praza Ourense, Daniel de la Sota,
Castelao, Blanco Porto, Cobián Areal, Benito Corbal, Cobián
Rofiñac, San Bartolomeu, Padre Sarmiento, Praza Mendez Nuñez,
Real, García de la Riega
Vigo:
Saída: Praza da Independencia- Avda. das Camelias-Romil- Praza
do Rei - Concello- Avda Camelias - Praza da Independencia
Ourense:
será ás 6 da tarde e sairá da Avda. da Habana
(frente o local de Amarante e Verdegaia)- Curros Enríquez-
Saez Díez- Rua Progreso-Avda. Pontevedra- R. Paseo
A
campaña xa comezou a ter os primeiros apoios de deportistas: en Pontevedra estarán facendo o percorrido, Pillo,
adestrador do 1º equipo do Teucro Balonmán, e en Ourense o
Club Atlético Ourense Academia Postal, entre outros clubes
galegos de atletas.
Descarga o dossier de prensa do informe
Máis información en Xoga Limpo 2008
|