|
Concentración no Porriño polo estado de abandono da depuradora da bacía do Río Louro |
|
|
|
|
Venres, 25 de Abril do 2008 |
|
O colectivo “VAL, Amigos do Medioambiente” do Porriño e a asociación ecoloxista Verdegaia, realizarán unha concentración o día 26 de Abril a partir das 12.00 na Praza do Concello do Porriño, denunciando publicamente o actual estado de abandono das instalacións da depuradora da bacía do Río Louro e a deixazón por parte da administración autonómica e local do val da Louriña. A depuradora foi inaugurada no ano 2006 e tivo un custo de case 100 millóns de euros.
VAL e Verdegaia esiximos a posta en funcionamento de ditas instalacións.
Powered by AkoComment! |