Inicio arrow Educación Ambiental arrow Roteiro polo campo de Cotaredo, unha xoia de Compostela a conservar  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Roteiro polo campo de Cotaredo, unha xoia de Compostela a conservar PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 26 de Marzo do 2008
Santiago de Compostela conta dentro da súa trama urbana cunha illa de biodiversidade, salvada durante o proceso de urbanización do barrio de Fontiñas. Verdegaia organiza un roteiro polo Campo de Cotaredo para o vindeiro Domingo día 30 de Marzo, ás 11 horas con saída desde o centro sociocultural de Fontiñas, para coñecer a zona ante o inminente peche, e denunciar a destrución deste paraxe na cidade.

O chamado descampado de Fontiñas é un espazo de máis de 44.000 m2 situado entre a rúa Berlín e a avenida de Lugo, a rúa Fonte dos Concheiros e a rúa de Fontiñas. Lonxe do que o seu nome ("descampado") puidese indicar, esta área conta con valores patrimoniais (alberga unha aldea, Cotaredo, alén de varias casas, fornos e hórreos) e naturais (cunha mestura de diferentes hábitats: bosque de ribeira, hortas abandonadas hai poucos anos, prados e leiras organizadas en socalcos,...).

A existencia desta xoia patrimonial e natural no interior da cidade foi posíbel grazas a que os trámites para a compra dos terreos (previa á edificación) demorou 7 anos, mais para esta primavera está previsto o inicio da súa urbanización.

O valor excepcional desta área foi recoñecido mesmo polo mundo da cultura, e arestora este "descampado" está a ser obxecto dun proxecto artístico (organizado polo CGAC en colaboración coa Concellaría de Urbanismo de Compostela) que convida a visitala, denantes de ser destruída.

Dende Verdegaia, denunciamos a destrución innecesaria dun espazo verde, salvaxe e natural. Innecesaria porque nun concello con 8.000 vivendas baleiras (datos do INE) a prioridade (desde un punto de vista ambiental e social) sería poñer en uso esas vivendas e protexer os anacos de biodiversidade que aínda perviven na cidade. É lamentábel que a mesma Concellaría que cofinancia un proxecto artístico ensalzando os valores naturais deste espazo promova ao mesmo tempo a súa desaparición.

Por outra banda, este concello, que presume de ser un dos que presenta maior número de zonas verdes por habitante, amosa un modelo de zona verde totalmente artificial e estéril, que perpetúa o ecosistema a vivir permanentemente en fase xuvenil, empregando para iso cantidades inxentes de herbicidas e fertilizantes químicos, moi daniños para o medio ambiente.

No concello de Compostela, onde se expropian hortas para facer parques, nos que logo se fan hortas, a conservación das terras de cultivo dos campos de Cotaredo debería ser unha prioridade. Ademais, pedimos reflexión por parte da Concellería de Urbanismo sobre a necesidade de construción no descampado de Fontiñas e animamos á cidadanía a manifestar o seu desacordo con este proxecto que nos privará, xa para sempre, de disfrutar deste espazo natural dentro da cidade.

 
Educación Ambiental
Verdegaia e a EA
Cogunen@s
Estudo do Currículo Oculto Antiecolóxico dos libros de texto en Galicia
   Home  Print  @ Contact Top