|
Antecedentes
Fai
algo máis de catro anos, a Comisión de Educación
Ecolóxica de Ecoloxistas en Acción elaborou un estudo
cualitativo sobre os libros de texto, buscando as mensaxes
explícitas, implícitas, as omisións ou as
deformacións duns contidos que agochan a magnitude da
insostenibilidade, as súas causas e as súas
responsabilidades.
Ao
fío deste traballo, en outubro de 2007 Verdegaia organizou no
Centro de Educación Ambiental Equal, o primeiro "Curso do
currículo oculto antiecolóxico dos libros de texto:
unha educación para o Desenvolvemento SosteMible".
Os
contidos deste primeiro curso centráronse na identificación
das chaves da insostenibilidade e o pensamento antiecolóxico
que se constrúe dende os libros de texto para, a continuación,
desenvolver unha análise artesanal dalgúns libros
empregados polos escolares galegos.
Co
obxectivo de compartir o traballo realizado e sentar as bases
metodolóxicas para a elaboración dun estudo completo da
situación dos libros galegos, xuntámonos novamente no
Centro Equal a comezos de febreiro de 2008.
Nesta
segunda edición sentamos as bases para a definición dun
Protocolo de Análise dos libros de texto, especificando a
forma en que tería que desenvolverse o estudo e os cursos que
queriamos traballar máis especificamente. De igual xeito,
definiuse tamén a participación de novos colectivos
interesados no estudo.
¿Por
que a análise dos libros de texto?
Ben
sabemos que os libros de texto e a súa utilización nas
aulas están suxeitos a un longo debate no contexto dos
movementos educativos. É preciso, por tanto, explicitar que
con este estudo non pretendemos, en ningún caso, apoiar e/ou
xustificar o uso dos libros de texto nos centros escolares.
En
realidade, os libros de texto non son máis que unha escusa
para analizar as categorías culturais coas que vemos o mundo.
Os
libros de texto, queirámolo ou non, son os que directa ou
indirectamente marcan a axenda de asuntos que hai que aprender,
marcan tendencias no ensino formal. Como consecuencia, representan a
súa vez o "coñecemento serio", o "coñecemento
de verdade", e son unha mostra representativa do mesmo, xa que
abarcan tódolos ámbitos.
En
definitiva, nos dan unha idea de como aprendemos a mirar o mundo.
Ademais,
consideramos que un colectivo ecoloxista como Verdegaia, ten que ser
tamén capaz de poñer en marcha procesos de
investigación e de creación colectiva de coñecemento,
como mecanismos de mobilización social.
¿Como
estamos a desenvolver este traballo?
Co
fin de organizar do xeito máis eficiente posíbel o
estudo, artilláronse tres niveis de traballo:
-
Os
grupos comarcais: a definición de grupos a nivel comarcal non
ten outro obxectivo máis que facilitar a organización
das parellas de lectura ou, no caso en que o número de
persoas coincidentes nunha mesma zona sexa impar, organizar a
lectura de forma que, polo menos, cada un dos libros sexa lido por
dúas persoas.
-
As
parellas de lectura: Coa lectura cruzada buscamos un maior detalle
na análise dos libros de texto, xa que na lectura individual
haberá cousas que nos non identifiquemos e o/a noso/a
compañeiro/a si, e viceversa.
O
obxectivo final é o de obter un informe para cada un dos
libros, consensuando
as presenzas e as ausencias.
-
A
lectura individual: contando coa axuda dunha matriz de análise,
elaborada colectivamente, e o "entrenamento" a través de
lecturas previas de documentos específicos, que facilitarán
a identificación das sospeitas, realizarase a lectura dos
libros, recollendo as presenzas a través dunha plantilla que
posteriormente nos servirá para elaborar un informe.
No
remate de todas as lecturas, e unha vez dispoñamos de informes
consensuados para todos os libros, convocarase unha xuntanza na que
poñer en común o traballo desenvolvido e definir os
pasos a seguir (divulgación dos resultados, elaboración
dun informe do conxunto das lecturas, elaboración de artigos
semellantes, etc.).
|