Inicio arrow Verdegaia e a EA  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Verdegaia e a EA PDF Imprimir Correo-e
Venres, 25 de Abril do 2008

Educación Ambiental e movemento ecoloxista levan, case que dende os seus comezos, compartindo camiño, obxectivos e utopías, resultando extremandamente complexo distinguir quen é quen en numerosas situacións.

Porén, esta traxectoria conxunta estará tamén suxeita ás múltiples interpretacións e propostas ideolóxicas suscitadas ao redor destes dous conceptos: conservacionismo1, ecoloxía profunda2, ambientalismo3, desenvolvemento sostible...

Por este motivo, dende Verdegaia, ao igual que definimos o noso compromiso co ecoloxismo social, a sustentabilidade e a paz, consideramos preciso definir a nosa proposta de Educación Ambiental:

Neste sentido, consideramos que a resposta á crise ambiental á que nos enfrontamos non pode vir a través de pequenas modificacións que reparen os "pequenos desaxustes" do modelo de desenvolvemento. Máis aínda, a promoción de iniciativas e actividades nesta liña "ambientalista" pode erixirse, non só como unha forma de perpetuar o modelo socioeconómico imperante, se non como un perigoso velo que nos achegue a unha maior velocidade ao colapso socioambiental sen que nos poidamos ou queiramos dar conta.

En contraposición, defendemos unha Educación Ambiental ecoloxista que, como práctica social crítica impulse unha Participación real4 e capacite para a transformación social como resposta á crise ambiental. Unha Educación Ambiental que permita cambiar as gafas coas que vemos o mundo para realizar unha fonda revisión que permita indagar por onde deben cambiar os procesos económicos e sociais para ser compatibles cos ciclos naturais.

1 Conservacioniismo: natureza e sociedade son elementos separados, de aí a necesidade de protexer e "conservar virxes" determinados espazos e especies.

2 Ecoloxía profunda: o ser humano é unha parte máis da natureza e polo tanto ten que adaptarse desenvolvendo formas de vida anticunsumistas, antiurbanas e antidesarrollistas

3 Ambientalismo: avoga por unha aproximación administrativa aos problemas medioambientais, convencido de que poden ser resoltos sen cambios fundamentais nos actuais valores e modelos de produción e consumo.

4 Entendendo por participación real a que supón a implicación da cidadanía na toma de decisións.

 
Educación Ambiental
Verdegaia e a EA
Cogunen@s
Estudo do Currículo Oculto Antiecolóxico dos libros de texto en Galicia
   Home  Print  @ Contact Top