Inicio arrow Enerxía e Cambio Climático arrow As emisións galegas de gases de efecto invernadoiro aumentaron o 20,5% entre 1990 e 2006  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
As emisións galegas de gases de efecto invernadoiro aumentaron o 20,5% entre 1990 e 2006 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 21 de Abril do 2008

meirama.jpgSegundo datos facilitados polo Ministerio de Medio Ambiente a solicitude de Verdegaia, entre 1990 e 2006 rexistrouse un aumento das emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) en Galicia do 20,5%. Este e outros datos aparecen recollidos no informe  de Verdegaia "As emisións de GEI en Galicia (1990-2006)", no que se difunden publicamente por primeira vez datos sobre as emisións nos anos 2005 e 2006. Con motivo do Día da Terra, Verdegaia demanda novamente á Xunta que elabore dunha vez un Plano para a Redución das Emisións de GEI.

O sector do transporte é o que máis está a contribuír ao aumento das emisións de gases que provocan o cambio climático. Entre 1990 e 2006, o transporte duplicou as súas emisións. O 60% da diferenza  entre as emisións de 1990 e as de 2006 débese ao transporte. Entre as causas deste crecemento desbocado das emisións do transporte, superior ao da inmensa maioría dos países desenvolvidos, está o crecemento urbanístico difuso -que aumenta as necesidadesde desprazamento-, unha política desmesurada de construción de novas infraestruturas de transporte -que favorece aínda máis o coche e o camión-, ou a insuficiencia das medidas de promoción dos modos de transporte sustentables (marcha a pé, bicicleta, tren, autobús,...).

A pesar do crecemento tan forte das emisións do sector do transporte, a produción eléctrica nas centrais térmicas de carbón das Pontes e de Meirama segue a ser, con diferenza, a principal fonte de GEI, supoñendo o 37% das emisións totais en 2006, fronte ao 20% do transporte, o segundo sector que máis contribúe ao cambio climático desde Galicia. Coa posta en marcha do comercio de emisións de dióxido de carbono (CO2) a nivel europeo en 2005, as emisións das centrais de carbón galegas diminuíron en 2,6 millóns de toneladas, o que explica  a diminución das emisións totais de GEI rexistrada no noso país entre 2004 e 2006. Isto amosa o elevado potencial de redución de emisións a curto prazo que presenta a substitución da produción eléctrica con carbón, potencial que o Goberno estatal e a Xunta só queren aproveitar nunha pequena parte, para non contrariar o interese das empresas eléctricas de usar carbón na produción eléctrica, malia ser o combustible máis contaminante.

Para cando un Plano Galego de Redución das Emisións de GEI? 

Na véspera do Día da Terra, que se celebra mañá en todo o mundo, Verdegaia demanda novamente do Goberno galego que cumpra dunha vez o seu compromiso de aplicar un ambicioso Plano Galego para a Redución das Emisións de GEI. Cando xa entramos na recta final da lexislatura, e cando xa se iniciou o primeiro período de cumprimento do Protocolo de Quioto (2008-2012), nin tan sequera se coñece publicamente un borrador deste Plano. O último prazo superado para a presentación do Plano, anunciado en numerosas ocasións desde o comezo da lexislatura e sucesivamente adiado, foi o do 1 de xaneiro pasado, fixado na Estratexia Española de Cambio Climático e Enerxía Limpa (EECC e EL). Verdegaia sospeita que este Plano esta a ser bloqueado por Consellerías como a de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes ou a de Innovación e Industria.

As nosas emisións por habitante son superiores ás emisións medias española, europea e mundial

A contribución relativa do noso país ao maior problema ambiental global segue a ser moi alta. As nosas emisións de GEI por habitante son mesmo  superiores ás emisións medias do Estado español e da UE, que xa están moi por riba da media mundial e do que sería ambientalmente aceptable. Galicia, como país desenvolvido cunhas elevadas emisións per cápita, debería facer un esforzo moi importante para reducir as súas emisións, se quere contribuír a prevenir un cambio climático de consecuencias catastróficas nas próximas décadas, do que Galicia non só sería coresponsable senón tamén vítima importante, como están a advertir as investigacións científicas.

Cómpre máis información sobre a evolución das emisións

Verdegaia demanda da Xunta e do Goberno estatal que dean ampla difusión á  información sobre as emisións de GEI, ao se tratar dun indicador fundamental para avaliar o avanzo ou retroceso en materia de sustentabilidade. Neste senso, denunciou perante o Valedor do Pobo o  incumprimento por parte da Xunta do artigo 34 da Lei 8/2002 de protección do ambiente atmosférico de Galicia, que obriga a presentar anualmente un informe que conteña información sobre as emisións dos GEI, e as súas fontes, así como sobre as medidas de prevención adoptadas e os progresos acadados.

Descarga aquí o informe: As emisións de Gases de Efecto Invernadoiro en Galicia (1990-2006)

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top