Inicio arrow Novas de Verdegaia-Ourense arrow Verdegaia e o Cine Clube Padre Feijoo proxectan El Salario del Silencio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Verdegaia e o Cine Clube Padre Feijoo proxectan El Salario del Silencio PDF Imprimir Correo-e
Venres, 11 de Abril do 2008

A asociación ecoloxista Verdegaia e o Cine Clube Padre Feijoo, presentan o vindeiro luns día 14 de abril as 20:00 horas no Salón de Actos da Biblioteca Pública (Rúa Concello 11), “EL salario del Silencio” Coa presenza dos autores, Mabel Ribera e Henrique Banet. El Salario del Silencio é un traballo documental que pretende aportar unha información obxectiva e contrastada sobre a problemática da planta regasificadora construída dentro da Ría de Ferrol, na parroquia de Meá (Mugardos). 

Pero o que pretende, sobre todo, é axudar a romper o silencio que sempre rodeou a esta instalación e informar á sociedade de cómo se levan a cabo certos proxectos empresariais ou urbanísticos que poden afectar gravemente aos cidadáns, aos que nunca se lles consulta sobre decisións que atentan impunemente contra as súas vidas, o seu entorno e, sobre todo,  a súa seguridade.

O silencio (ou a manipulación) dos medios foi de tal alcance que non é de extrañar que os afectados, aos que poucas veces se lles dá oportunidade de falar sen cortapisas, se volcasen con absoluta xenerosidade neste traballo, ávidos de poder manifestar todo aquilo polo que levan tanto tempo loitando sen recibir a atención que merecen, tanto polo seu esforzo como pola gravidade dos feitos que denuncian.
Contamos coa inestimable colaboracióin das numerosas asociacións e colectivos veciñais, profesionais, ecoloxistas, xurídicos, culturais, corpos de seguridade, sanitarios, etc., etc., que integran o Comité Cidadán de Emerxencia. E contamos tamén coa negativa dos responsables directos desta situación: tanto os directivos da planta como certos alcaldes e algún que outro concellal  e alto cargo,   ou ben se negaron a ser entrevistados, ou ben seguimos agardando a que se poñan ao teléfono.
Se por eles fose, o silencio continuaría.

NAMCHE FILMS  está formada por Enrique Banet, director de fotografía pola E.O.C. e realizador de televisión, que se encargou da dirección, guión, cámara e edición deste traballo; e Mabel Rivera, actriz, ocupouse da documentación, produción executiva e voz en off.

El Salario del Silencio  gravouse orixinalmente en galego, aínda que para chegarmos a un público máis amplo saímos ao mercado inicialmente en español, dado que esta produción é totalmente independente, e está orientada ao mercado do DVD. Os beneficios irán destinados á Confraría de Mariscadores de Ferrol, a quen tamén dedicamos este traballo.

 
Verdegaia - Ourense
Novas de Verdegaia-Ourense
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top