Inicio arrow Biodiversidade arrow Mentiras transxénicas  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Mentiras transxénicas PDF Imprimir Correo-e
Luns, 07 de Abril do 2008

 A Plataforma Galega AntiTransxénicos, da que Verdegaia fai parte, inicia unha campaña informativa na procura da declaración de Galiza como Zona Libre de Transxénicos, así como dunha lexislación para etiquetaxe de produtos moito máis estrita que permita coñecer os ingredientes reais que os compoñen, facilitando a elección consciente e responsábel de cada un de nós. 

Tal como se recolle no manifesto da plataforma, os organismos xeneticamente modificados (OMX) non contribuíron a aliviar nin a pobreza nin a fame no mundo, como se cansaron de anunciar as grandes transnacionais e os laboratorios. Pola contra, as aplicacións comerciais da biotecnoloxía na agricultura están aumentando a fenda que separa a pobres e ricos. A maior parte das colleitas MX destínanse á alimentación gandeira, é dicir, para satisfacer o consumo de carne dos países ricos.
Non reduciron o uso de produtos tóxicos. As plantas tolerantes ao herbicida permiten aos labregos usaren grandes cantidades dos mesmos, coa aparición de resistencias nas "malas herbas", obrigando a incrementar o uso dos agrotóxicos, é dicir, máis gañancias para as grandes multinacionais dos agrotóxicos. Tampouco crearon alimentos con maior calidade nutricional ou terapéutica, mais si xeraron moitas incertidumes : alerxias, resistencia a antibióticos, maior concentración de agrotóxicos,.... 

Consulta o manifesto e as actividades na páxina web da Plataforma  

 
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
   Home  Print  @ Contact Top