Inicio arrow Verdegaia - Ourense arrow "Xares, o río que nos leva", segunda entrega do cine-fórum de Verdegaia e Amarante en Ourense  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios organizativos
Transparencia
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia-Pontevedra
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Retorna
Plataforma Galega contra a incineración e pola Reciclaxe.
Ocean 2012
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Rede Galiza non se Vende
Alianza Galega polo Clima
A Ría Non se Vende
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Fiare
Universidade Rural Galega
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Séguenos no ..
logo_facebook_registered-rgb.jpg
"Xares, o río que nos leva", segunda entrega do cine-fórum de Verdegaia e Amarante en Ourense PDF Imprimir Correo-e
Monday, 07 de April do 2008
O mércores 9 de abril, ás 20:30, proxectarase o segundo filme do cine-fórum que organizan Verdegaia e Amarante no seu local de Ourense (Avenida da Habana, 64). 
Este documental recolle a memoria histórica da xente de Alberguería, unha aldea que desapareceu no ano 1958 baixo as augas do río Xares no concello da Veiga (Ourense). Alberguería representa un fenómeno que se reproduciu en toda Galicia nos anos da ditadura franquista. Con esta proxección recuperamos un fragmento da historia para que non se repita e analizamos teses actuais que pretenden minimizar o problema dos encoros en Galicia. Aínda que o filme fala da época da ditadura franquista, Verdegaia comproba día tras día que seguimos tendo un problema de falta de planificación e de estudos de viabilidade económica, social e, sobre todo, ecolóxica, respecto das explotacións hidroeléctricas. Hoxe en día seguimos sacando notas de prensa e facendo alegacións a encoros que, se ben non teñen o impacto do encoro do río Xares en Alberguería, seguen sendo un atentado ecolóxico e unha cegueira ante a necesidade de aforrar enerxía.

De feito, non soamente este tema segue sendo de actualidade, senón que a provincia de Ourense, especialmente certos ríos, seguen sendo os máis castigados por este tipo de explotacións en pro dunha "eterna" "demanda crecente" de electricidade.

 
Verdegaia - Ourense
Novas de Verdegaia-Ourense
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top