Inicio  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
memoria2007
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Fiando Verde
Revista Cos Pés na Terra
 
galizanonsevende
bicis
 
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
ecotv
nadal2008
"Xares, o río que nos leva", segunda entrega do cine-fórum de Verdegaia e Amarante en Ourense PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 02 de Abril do 2008

O mércores 9 de abril ás 20:30 proxectarase o segundo filme do cine-fórum que organizan Verdegaia e Amarante no seu local de Ourense (Avenida da Habana, 64). 

Este documental recolle a memoria histórica da xente de Alberguería, unha aldea que desapareceu no ano 1958 baixo as augas do río Xares no concello da Veiga (Ourense). Alberguería representa un fenómeno que se reproduciu en toda Galicia nos anos da ditadura franquista. Con esta proxección recuperamos un fragmento da historia para que non se repita e analizamos teses actuais que pretenden minimizar o problema dos encoros en Galicia.

Aínda que o filme fala da época da ditadura franquista, Verdegaia comproba día tras día que seguimos tendo un problema de falta de planificación e de estudos de viabilidade económica, social e, sobre todo, ecolóxica, respecto das explotacións hidroeléctricas. Hoxe en día seguimos sacando notas de prensa e facendo alegacións a encoros que, se ben non teñen o impacto do encoro do río Xares en Alberguería, seguen sendo un atentado ecolóxico e unha cegueira ante a necesidade de aforrar enerxía.

De feito, non soamente este tema segue sendo de actualidade, senón que a provincia de Ourense, especialmente certos ríos, seguen sendo os máis castigados por este tipo de explotacións en pro dunha "eterna" "demanda crecente" de electricidade. 

 
Advertisement
Activate!
Faite socio/a
Fai unha doazón!
Cogunen@s
Bicis.info
Ciberactúa!
Areas Temáticas
Biodiversidade
Educación Ambiental
Enerxía e Cambio Climático
Mobilidade e Transporte
Montes
Paz e Globalización
Resíduos e contaminación
Sustentabilidade
Urbanismo e territorio
10 preguntas
4x4
trafego
exposicion
Próximos eventos
Exposición sobre a pegada ecolóxica na Facultade de Medicina de Santiago
Decembro 29, 2008 - Xaneiro 16, 2009
En datas recentes
Sesión de curtas sobre consumo en Vigo
Decembro 23, 2008

Ver calendario completo
Sindicación
Abrir sesión





Esqueceches o contrasinal?
   Home  Print  @ Contact Top