Inicio arrow Novas de Verdegaia-Ourense arrow Novo obradoiro con material de refugallo en Ourense  
Home    Print    Bookmark
A Asociación
Quen somos?
O nome
Misión
Ideario
Principios de organización
Estrutura
Comisión Coordenadora
Estatutos
Contacto
Núcleos Comarcais
Verdegaia - Compostela
Verdegaia - Coruña
Verdegaia - Ferrol
Verdegaia - Ourense
Verdegaia - Vigo
Facemos parte de ...
FEG
Rede Galiza non se Vende
A Ría Non se Vende
Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos
Plataforma AntiTransxénicos
Coord Ferrocarril Público
ConBici
Colaboramos con
Amarante
Ecologistas en Acción
Novo obradoiro con material de refugallo en Ourense PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 30 de Marzo do 2008
O sábado 5 de abril Verdegaia organiza outro obradoiro de xoguetes con material de refugallo en colaboración coa asociación de veciños Ponte Canedo. Este tipo de actividades pretenden concienciarnos sobre a nosa pegada ecolóxica máis directa, é dicir, os residuos que xeramos diariamente. Hai moitos envases e diferentes produtos ós que lle podemos dar unha segunda vida e evitar así adquirir un novo produto que sexa en breve máis lixo. A redución dos nosos residuos é o paso primordial para traballar pola sostibilidade ecolóxica e contra a destrución do planeta. Pretendemos achegar a todo o mundo o convencimento de que se poden facer moitas cousas cos residuos que xeramos, de tal xeito que os reducimos ó mesmo tempo que incrementamos a satisfacción do produto final, xa que o fixemos coas nosas propias mans. O obradoiro terá lugar no barrio da Ponte, concretamente na praza Mestre Luís Fernández, a partir das 11:30 h. e ata as 13:30 h.
 
Verdegaia - Ourense
Novas de Verdegaia-Ourense
Coordenadora Comarcal
Contacto
   Home  Print  @ Contact Top